martes, 21 de abril de 2020

RETOS SEMANAIS EF NA CASA

Bo día!

Xa vai quedando menos! O estades a facer xenial, dentro de pouco xa volveremos á normalidade e faremos todas esas cousas que nos gustan.

Dende Educación Física ímosvos propoñer unha serie de retos semanais para que os fagades na vosa cosa. Incidimos na importancia da actividade física, unha boa alimentación e descanso.

Cada curso terá tres retos semanais que iredes practicando, non vos preocupedes se non vos sae a primeira, con esforzo e gañas conseguiredes todos os retos que vos propoñemos.

No seguinte documento aparecen os retos e as normas para facelos, anímamosvos a practicalos e a mandarllos aos profes para que así vexamos como o estades a facer.

ÁNIMO A TODOS E TODAS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario