martes, 31 de marzo de 2020

Coordinación e habilidades motrices básicas

A proposta de hoxe consiste en realizar unha serie de tarefas motrices encamiñadas á mellora da coordinación (tanto dinámica xeral, coma óculo-manual) e das habilidades motrices básicas (desprazamentos, saltos e lanzamentos, neste caso).
Se non dispoñedes do material que aparece no vídeo, podedes substituílo por outro que teñades na casa.
Premede no enlace:  Coordinación e habilidades motrices

Ver máis...

miércoles, 25 de marzo de 2020

Máis propostas para facer exercicio físico na casa

Hoxe traémosvos dúas novas propostas para que practiquedes actividade física na casa. Son vídeos con exercicios dirixidos e podedes ver como ser realizan.
Neste primeiro enlace entrenamiento funcional para niños tendes a posibilidade de realizar sós ou acompañados polos vosos familiares uns exercicios básicos que calquera é capaz de facer sen dificultade.

 Pero se queredes máis intensidade e suar un pouco, no seguinte enlace Kids Hiit tendes exercicios dirixidos e cronometrados para realizar series.

Animádevos e probade, a ver se vos gusta. Ver máis...

martes, 24 de marzo de 2020

¿Xogamos á oca?

Se vos queredes entreter e divertirvos, propoñémosvos xogar á oca. Trátase dunha oca un pouco diferente ó xogo de mesa que coñecemos. Animádevos e probade a superar os retos coa vosa familia. A ver quen resulta vencedor.

Temos soamente unha norma:
      - Se non superamos o reto que nos toca realizar, temos que retornar á posición na que estabamos
        antes de lanzar o dado.


Ver máis...

domingo, 22 de marzo de 2020

Realizamos actividade física na casa

Despois de tantos días pechados na casa e sen ter a oportunidade de xogar e movernos ó aire libre, déixovos uns enlaces que vos poden servir para realizar un pouco de actividade física e divertirvos.
Non o imos a pasar tan ben coma xogando no pavillón, pero polo menos movemos un pouco o noso corpo.

En primeiro lugar, decirvos que TVE vai emitir diariamente a partir de mañá luns un programa para realizar actividade física na casa. Tedes a información no seguinte enlace: Muévete en casa


Nos enlaces que vos indico a continuación, tendes a opción de facer xogos con globos, con dados, uns cantos exercicios para movervos un pouco e finalmente uns estiramentos. Podedes aproveitar para facelo cos vosa familia (irmáns, pais, avós ...) a ver se deste xeito levamos un pouco mellor o estar pechados na casa.

Entrena en casa

Xogos con globos

Xogos con dados

Exercicio físico na casa


Ver máis...

sábado, 7 de marzo de 2020

Provincial de campo a través

Onte disputouse no Polígono de Bértoa, en Carballo, a fase provincial de campo a través para colexios e institutos, que dá por finalizada a temporada desta competición. Dende fai dous anos, a partir da proba provincial, esta modalidade deportiva divídese entre centros escolares e entidades deportivas (pois ata ese momento a competición era única e remataba no campionato autonómico).
Nesta ocasión, do noso colexio estaba clasificado o equipo alevín masculino, acudindo á carreira catro alumnos do centro: Lois Areas, Iker Franquet, Saúl Pasantes e Xoel Soto. Percorreron unha distancia de 1000 metros nun terreo embarrado que é a mellor opción para coñecer o cross escolar e disfrutar deste deporte. Isto engade un extra de dificultade e esforzo por parte dos participantes, e unha vez máis os nenos fixérono moi ben, conseguindo os seguintes resultados: Lois, posto 21; Saúl, posto 35; Iker, posto 41; e Xoel, posto 56. Na clasificación por equipos acadaron o oitavo posto.




Ver máis...