sábado, 23 de febrero de 2019

Provincial de campo a través

Onte celebrouse en Noia, no campo de fútbol de San Lázaro, a proba correspondente á fase provincial de campo a través entre centros escolares. Do colexio estaban clasificados Lucía e Lois de categoría benxamín; e o equipo infantil feminino. Era a derradeira fase entre escolares, debido a que este ano diferenciouse entre unha fase provincial entre clubes de atletismo (que permitía clasificar para o campionato galego) e outra entre centros escolares.
Comezou Lucía na carreira benxamín feminino percorrendo unha distancia de 600 metros, e como nesta fase xa se aprecia un nivel moi alto de tódolos participantes, o esforzo por facelo ben é bastante importante, e acabou a carreira en boa posición.
Na seguinte proba, en categoría benxamín masculino, Lois realizou o mesmo percorrido que Lucía e acabou segundo clasificado provincial, un resultado excelente dado o nivel dunha fase na que participan os nenos e nenas máis rápidos da provincia.
As últimas en participar foron as nenas de categoría infantil feminino, na que tan só acudiron á proba Maria Luz e Ethel, que percorreron 900 metros de distancia e que tamén o fixeron moi ben.
Coma sempre, felicitar ós nenos e nenas participantes, pola ilusión que lles fai e polo esforzo que realizan, e valorar que participar nunha fase provincial, tan só ser capaces de clasificarse para iso, xa ten un gran mérito.



Ver máis...