sábado, 11 de febrero de 2012

Fase provincial de campo a través

Hoxe sábado 11 de febreiro disputouse na Pobra do Caramiñal a fase provincial de campo a través. O circuíto estaba situado nun parque a carón da praia de Cabío. Nesta carreira participaron todos os nenos e nenas clasificados nas fases intercomarcais das distintas categorías, dende benxamín ata cadete.
Da Costa da Morte, os únicos representantes eran o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, cun neno de categoría alevín masculino; o Colexio Manuela Rial Mouzo, con sete participantes de categorías, benxamín masculino e feminino, alevín masculino e cadete masculino; e do noso colexio, o CEIP Eugenio López, con Xan Insua Miñones (4º B), en categoría alevín masculino e Xabier Insua Miñones (6º A) en categoría infantil masculino.
O primeiro en participar foi Xan, realizando un percorrido de 1.600 metros. Rematou a proba en vixésimo novena posición, un bo resultado tendo en conta o nivel da proba, con participantes de numerosos clubes de atletismo, e que ademais este neno é alevín de primeiro ano.

Posteriormente Xabier realizou un percorrido de 2.000 metros rematando en décimocuarta posición. Dende a saída asentouse nesta posición e realizou dúas voltas sobre un percorrido circular manténdose neste bo posto durante practicamente a totalidade da carreira.

Noraboa ós dous participantes polo ben que o fixeron tanto nesta coma nas anteriores probas podendo disputar esta fase na que están presentes soamente os nenos e nenas máis rápidos de toda a provincia.

Ver máis...

sábado, 4 de febrero de 2012

Resultados do campionato intercomarcal de campo a través

No seguinte enlace podedes ver as clasificacións individuais e por equipos das distintas categorías da proba intercomarcal de campo a través celebrada na Pobra do Caramiñal, nas pistas de atletismo de A Alta. Clasifican para a seguinte proba (fase provincial) os dous primeiros equipos e os oito primeiros clasificados individuais de cada categoría. Do noso colexio clasifican Xan Insua Miñones, en categoría alevín masculino, e Xabier Insua Miñones, en categoría infantil masculino.

Resultados fase intercomarcal Ver máis...