jueves, 30 de abril de 2020

Recomendacións CSD

Bo día!

Hoxe vos traemos as recomendacións do CSD (Consello Superior Deportes) para seguir mantendo estilos de vida saudable durante o confinamento.
Están basados en evitar o sedentarismo, aumentar a actividade física, reducir o tempo de uso de aparellos electrónicos e no coidado da alimentación entre outros aspectos.

Por outra banda, xa chegaron unha gran cantidade de retos dos que vos propuxemos a semana pasada. Deixamos ata mañá venres 1, como data límite para seguir mandando aqueles que desexedes, recordamos que é unha actividade voluntaria. A semana próxima subiremos un par de vídeos nos que poderedes ver aos vosos compañeiros/as.

Moito ánimo!


Ver máis...

martes, 28 de abril de 2020

DÍA DE LA EF EN CASA

Hoy 28 de Abril se celebra el Día de la Educación en Casa  #DEFC. Nuestro cole se unió a esta iniciativa, más de 1200 coles de toda España y cerca de 250.000 alumnos y alumnas van a realizar EF en sus hogares para celebrar este día. Vamos conocer un poco más esta iniciativa:







¿QUÉ ES EL DÍA DE LA EDUCACIÓN FÍSICA EN LA CALLE/CASA?


El #DEFC es una iniciativa que surgió en 2011 de la mano Fran Flórez, profesor de EF, que decidió salir a la calle con todos sus alumnos a impartir sus clases, en una localidad asturiana llamada Laviana.  Su objetivo era mostrar a los vecinos lo que es la actual EF y como es el trabajo que se realiza en el aula. Algo desconocido para casi todos los vecinos.
Este año al no poder realizar la actividad física en la calle, la iniciativa se cambió por Educación Física en casa.

¿CUÁLES SON LOS OBJETIVOS?

- Mostrar la importancia de la Educación Física para el desarrollo integral e integrado en todas las edades.

- Dar a conocer la nueva Educación Física: integradora, variada y divertida orientada a transmitir hábitos de vida saludable.

- Fomentar la práctica de actividades físicas variadas y en compañía para el bienestar físico, psíquico y social.

Mostrar a la sociedad parte del trabajo realizado en las clases de Educación Física.

EDUCACIÓN FÍSICA EN EL CONFINAMIENTO

Ya llevamos más de un mes confinados en nuestros hogares, nuestros hábitos de actividad física y movimiento han cambiado. La Educación Física es muy importante en esta situación para el mantenimiento del bienestar físico, psíquico y social. 
Realizar actividad física diaria y a poder ser en compañía, nos va ayudar a llevar un poco mejor esta situación.


¿COMO PODEMOS CELEBRAR DESDE NUESTRO COLE ESTA INICIATIVA?

La respuesta creo que es fácil no?  No solo este día si no todos los días, debemos realizar un poco de actividad física para mantenernos activos y no caer en el sedentarismo ni malos hábitos de salud. 

Os proponemos un par de actividades para que disfrutéis en familia y paséis un buen rato.

Recordad hacer un pequeño calentamiento antes de empezar a ejercicio y acabar con estiramientos al finalizar la sesión. Adapta los ejercicios a tus capacidades, si algún movimiento no sois capaces de hacerlo o os encontráis cansados, paramos un poquito, nos hidratamos y volvemos a la carga. Ánimo!

SESIÓN EF PARA PRIMARIA ( PARA TODAS LAS EDADES)



MOVILIDAD Y BAILE  RECOMENDADO 6-7 AÑOS





MOVILIDAD Y BAILE RECOMENDADO  8-12 AÑOS



Ver máis...

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de Abril celebramos o día do libro. Dende o blogue da biblio do noso cole levan toda a semana celebrándoo, pásate por alí e sumérxete no mundo literario, xa sabes que é marabilloso!

Aquí vos deixamos a lectura do Quijote en versión infantil que fixeron varios dos deportistas máis importantes do noso país: Mireia Belmonte, Gómez Noya, Carolina Marín, Miguel Indurain, Marín Fiz e Abel Antón. 

Disfrutádeo!

E lembra que aínda estás a tempo de mandar os videos dos retos semanais de Educación Física, anímate e participa!


https://www.marca.com/otros-deportes/2020/04/23/5ea175ca46163f8a1e8b45af.html Ver máis...

martes, 21 de abril de 2020

RETOS SEMANAIS EF NA CASA

Bo día!

Xa vai quedando menos! O estades a facer xenial, dentro de pouco xa volveremos á normalidade e faremos todas esas cousas que nos gustan.

Dende Educación Física ímosvos propoñer unha serie de retos semanais para que os fagades na vosa cosa. Incidimos na importancia da actividade física, unha boa alimentación e descanso.

Cada curso terá tres retos semanais que iredes practicando, non vos preocupedes se non vos sae a primeira, con esforzo e gañas conseguiredes todos os retos que vos propoñemos.

No seguinte documento aparecen os retos e as normas para facelos, anímamosvos a practicalos e a mandarllos aos profes para que así vexamos como o estades a facer.

ÁNIMO A TODOS E TODAS!


Ver máis...

viernes, 17 de abril de 2020

Recomendacións para os máis pequenos

Novamente volvemos a compartir o traballo que realiza Jorge para o concello de Cee. Desta volta proponvos de novo actividades para realizar nas vosas casas e exemplifícaas para ensinarvos como realizalas. No día de hoxe practicaredes percorridos, lanzamentos e respiración.
Premede no enlace: Actividade física para os máis peques
Ver máis...

miércoles, 15 de abril de 2020

JUMAN-EF: XOGO EN FAMILIA

Bo día:

Como levades o confinamento? Estase a facer duro non poder saír, xogar cos nosos amigos e amigas, ver aos nosos seres queridos, practicar o noso deporte preferido..., pero temos que resistir, facer caso as indicacións e intentar levar o mellor posible esta etapa. Moito ánimo a todos, en especial aos pequenos da casa!

Dende a área de EF, animámosvos a que non deixedes de facer exercicio nestes días, sabemos que non é o mesmo xogar en grandes espacios e cos nosos amig@s que ter que facelo na nosa casa. Os nen@s necesitades movemento, soltar esa enerxía que tedes e xogar, xogar moito.

Ímosvos ir propoñendo diferentes actividades, retos, probas para que intentedes levar o mellor posible este confinamento. E cando todo isto remate, volveremos a facer Ed. Física como realmente nos gusta, no colexio e cos nosos compañeir@s!

O xogo que vos propoñemos hoxe é para xogar en familia. Trátase dun xogo de mesa adaptado a nosa asignatura. Nel teremos que ir facendo diferentes probas na que traballamos a expresión corporal, a creatividade, imaxinación..., pero sobre o que pretendemos e que pasades un bo rato en familia e xoguedes coas persoas que están convosco.

Moito ánimo a todos

XOGO JUMAN EF
Ver máis...

lunes, 6 de abril de 2020

Adestramento na casa

Se o pasado venres compartiamos un vídeo de Jorge, que vos propoñía unha serie de actividades físicas para realizar na casa; hoxe compartímosvos un vídeo doutro veciño noso, Dani Lema, de DAFIT, quen vos ensina uns exercicios para facer con materiais que tedes nas vosas casas.
Recordarvos tamén que hoxe, 6 de abril, é o Día Internacional do Deporte, e que mellor xeito de celebralo que practicando actividade física.
Se entrades na páxina de facebook de Dafit:  Dafit Centro de entrenamiento personal y ocio, nunha das publicacións de hoxe, veredes a Dani realizando as tarefas que vos propón.


Ver máis...

viernes, 3 de abril de 2020

Actividade física na casa

O concello de Cee a través do servizo de Deportes Municipal, encabezado por Manuel Calo, promove a práctica de actividade física na casa nestes días de confinamento.
Hoxe, o noso veciño Jorge Rodríguez Lariño (irmán da profe Loli de 5º), mestre en educación física e licenciado en ciencias da actividade física e do deporte, proponvos unha sesión dirixida a vós, os nenos e nenas, para que a realicedes sós, ou como el ben di, acompañados por algún irmán ou outro familiar.
Premede na seguinte ligazón Actividade física na casa e veredes a proposta de Jorge, que ademais exemplifica cada un dos exercicios.

Ver máis...