viernes, 3 de abril de 2020

Actividade física na casa

O concello de Cee a través do servizo de Deportes Municipal, encabezado por Manuel Calo, promove a práctica de actividade física na casa nestes días de confinamento.
Hoxe, o noso veciño Jorge Rodríguez Lariño (irmán da profe Loli de 5º), mestre en educación física e licenciado en ciencias da actividade física e do deporte, proponvos unha sesión dirixida a vós, os nenos e nenas, para que a realicedes sós, ou como el ben di, acompañados por algún irmán ou outro familiar.
Premede na seguinte ligazón Actividade física na casa e veredes a proposta de Jorge, que ademais exemplifica cada un dos exercicios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario