Bo día!
Hoxe vos traemos as recomendacións do CSD (Consello Superior Deportes) para seguir mantendo estilos de vida saudable durante o confinamento.
Están basados en evitar o sedentarismo, aumentar a actividade física, reducir o tempo de uso de aparellos electrónicos e no coidado da alimentación entre outros aspectos.
Por outra banda, xa chegaron unha gran cantidade de retos dos que vos propuxemos a semana pasada. Deixamos ata mañá venres 1, como data límite para seguir mandando aqueles que desexedes, recordamos que é unha actividade voluntaria. A semana próxima subiremos un par de vídeos nos que poderedes ver aos vosos compañeiros/as.
Moito ánimo!
Benvidos ao blogue da área de Educación Física do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí vos informaremos de actividades que facemos co noso alumnado, propostas para facer exercicio e recomendacións para levar un vida saudable.
jueves, 30 de abril de 2020
Recomendacións CSD
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario