sábado, 9 de diciembre de 2017

Clasificacións comarcal de campo a través

No seguinte enlace podedes ver as clasificacións individuais e por equipos das probas de campo a través celebradas o pasado martes en Cee.
Clasificacións Ver máis...

martes, 5 de diciembre de 2017

Comarcal de campo a través

Hoxe, un ano máis, e tal e como vén sendo habitual nos últimos anos, tivo lugar no campo de fútbol de San Paio de Refoxos de Cee a proba correspondente á fase comarcal de campo a través, cunha participación de máis de 900 nenos de idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.As entidades participantes foron as seguintes: o colexios Eugenio López e Manuela Rial asi coma o IES Agra de Raíces e a Asociación Deportiva Olimpia de Cee; o CEIP Santa Eulalia de Dumbría; o CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; os colexios Mar de Fóra e Nosa Señora do Carme de Fisterra; o CEIP Virxe da Barca de Muxía; o CEIP San Vicenzo e o IES Terra de Soneira de Vimianzo; o CEIP de Baíñas; o CPI Cabo da Area de Laxe; o CEIP Canosa-Rus e o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco; o CEIP Ramón Otero Pedrayo de Laracha e o IES Pedra da Aguia de Camariñas.
Estuvo un día fabuloso para a práctica deportiva e foi unha xornada lúdica na que os nenos e nenas puideron disfrutar dunha competición que sempre lles motiva moito. Do noso centro participaron 48 alumnos do colexio, ademais de máis alumnos do centro que adestran e compiten coa Asociación Deportiva Olimpia, que un ano máis volveu a poñer de manifesto o nivel dos seus compoñentes gañando e clasificando equipos na maioría das categorías e que reflexa o bo traballo realizado polo seu adestrador Jorge Lariño, sen deixar de lado o esforzo dos atletas.
Nós participamos con alumnos de categorías benxamín, alevín e infantil. Na categoría benxamín, tanto masculino coma feminino percorreron unha distancia de 500 metros. Como é a primeira vez que participan, tiveron a posibilidade de enfrontarse a outros nenos e nenas da súa mesma idade e ver cal é realmente o nivel que teñen eles mesmos, e tamén o resto de participantes. Logo foi o turno para as nenas de categoría alevín feminino, que percorreron 600 metros, continuando cos nenos da mesma categoría que percorreron 800 metros. Os últimos participantes do colexio foron os de categoría infantil percorrendo 800 metros en categoría feminina e 1.200 metros en categoría masculina. Nesta última categoría resúltalles máis complicado competir e acadar bos postos dado que compiten con outros nenos e nenas un ano maiores que eles.
O máis importante de todo e o que máis nos gusta ós mestres de educación física do cole é que todos o pasaron ben, que o fixeron o mellor que foron capaces e que o seu comportamento foi bo. Muitos dos nosos alumnos contaron ademais co apoio das súas familias que acudiron ó campo a velos e darlles ánimos. Noraboa a tódolos nosos alumnos pola carreira realizada.

Ver máis...

domingo, 19 de febrero de 2017

Provincial de campo a través

Onte tivo lugar na Pobra do Caramiñal, nun  parque situado a carón da praia de Cabío, a proba correspondente á fase provincial de campo a través. Do noso colexio participiou Iván en categoría alevín masculino; ademais de Eire (categoría benxamín feminino), Antía, Aroa, Candela, Noa e Sonia (categoría alevín feminino), todas estas nenas do Clube de Atletismo Olimpia. O circuíto polo que transcurrían as carreiras tiña pequenas pendentes tanto de subida coma de baixada e a mañá estivo ideal para a práctica deportiva.
Eire percorreu 700 m., o equipo alevín feminino percorreu 1200 m. e Iván percorreu 1600 m. de distancia. Todos o fixeron ben, tendo en conta o nivel que hai nunha fase provincial, onde están os nenos e nenas máis rápidos da provincia, con clubes de atletismo de contrastado nivel. Polo tanto felicitacións para todos os nenos e nenas que puideron vivir esta experiencia e competir con outros compañeiros de muitísimo nivel.
As outras entidades do concello (Olimpia e o colexio Manuela Rial) tamén conseguiron bos resultados cos participantes que clasificaran.


Ver máis...

sábado, 28 de enero de 2017

Intercomarcal de campo a través

Onte celebrouse en Outes, no parque Horta do Muíño, a proba correspondente á fase intercomarcal de campo a través, coa participación de 25 alumnos do colexio entre os que participan co cole e coa agrupación Olimpia.
A xornada estivo marcada pola persistente chuvia, que se ben non foi mui intensa, non parou en ningún momento da competición. Isto supuxo unha verdadeira dificultade para os atletas, porque o chan estaba completamente encharcado ó comezar e a medida que iban transcurrindo as carreiras, todo quedou completamente embarrado e os esvaróns e caídas sucedéronse. Foi o único negativo, porque de estar bo día o lugar era moi adecuado para practicar este deporte.
Comezaron competindo as nenas de categoría alevín feminino que percorreron 500 m. de distancia, onde corría Eire, de Olimpia, quedando clasificada xunto coas súas compañeiras no 2º posto por equipos.
A continuación foi o turno dos nenos da mesma categoría co mesmo percorrido, un equipo formado por Aimar, Álex, Mateo, Xabier e Yzan. Unha mala saída onde quedaron un pouco rezagados impediulles acadar mellores posicións porque nunha distancia tan curta (500 m.) e sen apenas recorrido recto resulta complicado escalar posicións. Ainda asi fixérono moi ben.
Na proba alevín feminino participaron Carla, co cole; e Antía, Aroa, Candela, Noa e Sonia, con Olimpia e percorreron unha distancia de 600 m.Todas fixeron moi boa carreira e neste caso as nenas de Olimpia quedaron clasificadas no 1º posto por equipos.
Despois foi o turno dos nenos alevíns e o equipo estaba formado por Antón, David, Iván Blanco, Iván Villar, Mauro e Xián. O percorrido foi de 800 m. e as condicións do terreo continuaban empeorando. Neste caso tamén o fixeron moi ben, quedando nos primeiros postos, e Iván Blanco, como 8º clasificado individual participará na proba provincial.
As últimas participantes do colexio foron as nenas do equipo infantil feminino formado por Nerea, Noa e Pamela, que percorreron tamén 800 m. As tres quedaron ben clasificadas, arredor do posto 20.
Nesta fase o nivel increméntase moito con respecto á fase comarcal, e aínda asi todos e todas as participantes o fixeron moi ben e puideron medir o seu nivel contra nenos doutros colexios e de clubes de atletismo. Polo tanto noraboa a todos e a todas.
No referente á nosa vila, había moitos participantes: de Olimpia, do colexio Manuela Rial e do noso colexio. E das tres entidades houbo algún clasificado, e de feito o clube Olimpia foi o que sobresaiu entre a totalidade de entidades participantes. 




Ver máis...