jueves, 11 de junio de 2020

QUEREMOS COÑECER A VOSA OPINIÓN

Bo día!

Estamos chegando ao final do curso e é tempo de valoracións, de botar un ollo hacia atrás e ver como foi este ano. Un ano distinto, dende marzo levamos confinados nas nosas casas e iso fixo que a nosa de aprender e relacionarnos cos demais cambiou completamente.

Con respecto á Educación Física tamén variou moito, non poidemos facer xogos cos compañeiros/as, os nosos deportes e actividades preferidas, empregar materais do pavillón... en definitiva xogar, divertirse e aprender cousas novas.

Os mestres de Educación Física intentámonos adaptar á situación e prepararvos actividades e retos para que vos fora un pouco máis ameno e divertida a vosa estancia nas vosas casas, agardamos que vos gustaran.

A actividade desta semana é un cuestionario online no que se vos pide a vosa opinión sobre como foi o curso, o que máis vos gustou, cales foron os vosos xogos preferidos...

É unha actividade opcional na que tendes que ir respondendo as preguntas plantexadas. As vosas respostas só as veremos os mestres e non serán publicadas. Serviranos para coñecer a vosa opinión, ver o que fixemos ao longo do curso e o que podemos cambiar para o ano que ven.

Boa semana rapazada!



Ver máis...

martes, 2 de junio de 2020

RETO SEMANAL ESTELA

Estela, da clase de 5º C, enviounos este vídeo facendo un dos retos que propuxemos esta semana. Ollade que ben o fai!


Ver máis...

lunes, 1 de junio de 2020

MURAL EF AO AIRE LIBRE. ACTIVIDADES PRIMEIRA SEMANA XUÑO


Bo día!

Gustarónnos moito todas as fotos que nos mandastes facendo actividade e deporte ao aire libre, nótase que seguides en movemento, continuade así!
No seguinte enlace aparecen todas as fotos, dende nenos de infantil ata os máis maiores, están todas as fotos mezcladas, a ver se atopades a todos os vosos compañeir@s!


Esta semana o que vos propoñemos e que continuedes facendo a actividade que máis vos guste: andar en bici, montar en patinete, xogar ao fútbol, baloncesto, tenis..., xogar coa vosa familia na praia, dar paseos polo monte, bailar...

Intentamos facelo todos os días, e polo menos 1 hora de actividade diaria? E se conseguides que os vosos pais, irmáns ou outras persoas coas que convivides o realicen con vós, sería xenial!!

E cando cheguedes a casa cansos de tanto xogar e moverse, propoñemos uns retos para xogar en familia. Só tendes que coller calcetíns, unha silla e uns cantos bonecos. No seguinte vídeo explícanvos os retos que tedes que facer con eles.
É unha boa maneira de acabar o día e pasar un bo rato coa familia. Animádevos!



Ver máis...

lunes, 25 de mayo de 2020

RETOS EN FAMILIA

Bo día chic@s!

Recibimos moitos correos coas vosas fotos facendo exercicio ao aire libre, moi ben continuade así! Os que non vos animastes a mandar a vosa foto aínda estades a tempo, ampliamos un par de días máis o prazo. A finais desta semana subiremos ao blogue o mural con todas as vosas fotos.

Esta semana vos propoñemos unha canle de Youtube para facer retos en familia. Tedes retos de tódolos tipos, con diversos materiais, para facer en solitario ou en familia, retos sinxelos e outros máis complicados... Botádelle un vistazo e facede os que máis os gusten.
Cada día suben retos novos, están moi ben!

Continuade facendo un pouco de exercicio físico todos os días e tamén coidade a alimentación, desta maneira seguiremos crecendo sans e fortes!

Moito ánimo e un saúdo!


Ver máis...

lunes, 18 de mayo de 2020

MOVÉMONOS AO AIRE LIBRE

Bo día!

Que gañas tiñamos de que fixera bo tempo, verdade? E agora que podemos saír un pouquiño máis das nosas casas, agradécese que non chova e poidamos gozar xogando ao aire libre e dando paseos coa nosa familia.

A actividade que propoñemos esta semana, ten relación co bo tempo que nos agarda.

QUE ACTIVIDADE TEMOS QUE FACER?

Calquera actividade física ao aire libre: montar en bicicleta, pasear, xogar ao fútbol, xogar coa raqueta, saltar á comba, saír co patinete... A que vós queirades!

QUE TEMOS QUE MANDAR?

Temos que mandar unha foto xogando ou realizando actividade física ao aire libre.
A dirección do correo é a seguinte:
eugeniolopez.cee@gmail.com ou andres.pazos@edu.xunta.es

QUE IMOS FACER OS MESTRES CON ESAS FOTOS?

Imos facer un mural ou collage con todas esas fotos do alumnado do noso colexio e logo o publicaremos no blogue do cole.
Cal será a aula onde máis nenos e nenas practican actividade física?

CANTO TEMPO TEMOS DE PRAZO PARA MANDAR AS FOTOS?

Podedes mandar as fotos ata o DOMINGO 24 DE MAIO.


Non é unha actividade obrigatoria pero si recomendable, é moi importante continuar facendo actividade física, xogar e pasalo ben. Ademais os mestres botámosvos de menos, é unha maneira de vervos en acción.

Ánimo chic@s! Ver máis...

lunes, 11 de mayo de 2020

XOGOS TRADICIONAIS NA CASA

Bo día!

Que tal vos foi a semana pasada? Xa puidemos saír á rúa e gozar de pequenos paseos e xogar ao aire libre, semella que a situación vai mellorando pero hai que seguir actuando con responsabilidade e tomando as precaucións axeitadas en cada momento. Moito ánimo!

Nesta semana propoñemos un par de actividades dende a área de Educación Física.

A primeira delas ten relación cos xogos que íamos traballar nas sesións de Educación Física nestes días, os xogos tradicionais. Propoñémosvos un test para comprobar os coñecementos que temos sobre esta importante parte da nosa cultura. Podemos pedir axuda aos nosos pais ou avós para responder as preguntas. A ver quen é capaz de acertar todas as preguntas!





A segunda proposta é unha manualidade para crear un xogo tradicional típico da nosa terra,o xogo da rá. Deixámosvos os pasos para crear este xogo.





A última proposta que vos facemos é que preguntedes nas vosas casas que xogos practicaban os vosos pais e avós. Pensade nos xogos que se facían antes e aos que xogades vós agora, hai moitas diferenzas verdade?
Podedes escribir nesta mesma publicación que xogos tradicionais coñecedes, cales eran os que máis lles gustaban aos vosos pais, cales queredes coñecer e practicar...
Animádevos a participar e comentade, estamos esperando as vosas respostas!

Un saúdo dos vosos mestres!

Ver máis...

jueves, 7 de mayo de 2020

RECOPILATORIO RETOS 5º E 6º PRIMARIA

Bo día!

Hoxe vos traemos os retos realizados polo alumnado de 5º e 6º de Primaria nestas semanas de confinamento.
Animádevos a imitar aos vosos compañeiros/as! Non vos esquezades de seguir realizando actividade física e aproveitade para poder pasear e xogar un pouco nos momentos permitidos polas autoridades.

Ánimo rapazada!



Ver máis...