lunes, 11 de mayo de 2020

XOGOS TRADICIONAIS NA CASA

Bo día!

Que tal vos foi a semana pasada? Xa puidemos saír á rúa e gozar de pequenos paseos e xogar ao aire libre, semella que a situación vai mellorando pero hai que seguir actuando con responsabilidade e tomando as precaucións axeitadas en cada momento. Moito ánimo!

Nesta semana propoñemos un par de actividades dende a área de Educación Física.

A primeira delas ten relación cos xogos que íamos traballar nas sesións de Educación Física nestes días, os xogos tradicionais. Propoñémosvos un test para comprobar os coñecementos que temos sobre esta importante parte da nosa cultura. Podemos pedir axuda aos nosos pais ou avós para responder as preguntas. A ver quen é capaz de acertar todas as preguntas!





A segunda proposta é unha manualidade para crear un xogo tradicional típico da nosa terra,o xogo da rá. Deixámosvos os pasos para crear este xogo.





A última proposta que vos facemos é que preguntedes nas vosas casas que xogos practicaban os vosos pais e avós. Pensade nos xogos que se facían antes e aos que xogades vós agora, hai moitas diferenzas verdade?
Podedes escribir nesta mesma publicación que xogos tradicionais coñecedes, cales eran os que máis lles gustaban aos vosos pais, cales queredes coñecer e practicar...
Animádevos a participar e comentade, estamos esperando as vosas respostas!

Un saúdo dos vosos mestres!

No hay comentarios:

Publicar un comentario