domingo, 24 de febrero de 2013

Campionato galego de campo a través

Xan Insua Miñones participou este sábado no campionato galego de cross escolar. A competición tivo lugar no campo de golf do Hotel Balneario de Guitiriz. Xan competiu na categoría alevín masculino, completando un percorrido de 1.920 metros. Na saída conseguiu colocarse nos primeiros postos, pero xa dende este momento o neno finalmente vencedor da carreira comezou a sacar distancia dos demais competidores.

Xan avanza no 6º posto deste grupo
Durante toda a proba, agás este rapaz, houbo un grupo dus 15 nenos que foron enfilados e intercambiando posicións. Neste grupo foi Xan en todo momento, entre os postos 7 e 10, e finalmente rematou no posto decimoterceiro.
Hai que destacar a gran carreira realizada por Xan, por rematar en tan bo posto nunha final galega, cun nivel dos participantes moi alto. Noraboa Xan.
Clasificacións Ver máis...

domingo, 17 de febrero de 2013

Fase Provincial de campo a través

Este sábado disputouse en Acea da Ma, Culleredo, a proba correspondente á fase provincial de Campo a través. Do nosos colexio participaron tres nenos: Carlos Pais Costa, Nicolás Filloy Montesino e Xan Insua Miñones.
Carlos e Nicolás foron os primeiros en participar, na proba benxamín masculino realizando un percorrido de 700 metros. Os dous saíron no medio do pelotón e foron adiantando posicións ata rematar Carlos en oitava posición e Nicolás no posto 26. Para a categoría benxamín esta era a derradeira proba da competición.


Xan disputou a carreira alevín masculino realizando dúas veces un percorrido de 865 metros para completar os 1730 metros establecidos. A súa saída foi moi boa e rapidamente se situou nos primeiros postos (tal e como podedes ver na seguinte imaxe, Xan avanza pola parte dereita do grupo). 


Ó longo da primeira volta chegou a encabezar o grupo e mesmo na primeira parte da segunda volta, pero na parte final outros nenos conseguiron adiantalo e rematou no sexto posto. Ó quedar tan ben clasificado, vai a participar o vindeiro sábado na fase autonómica que terá lugar en Guitiriz, Lugo.
Noraboa ós tres nenos polo ben que o fixeron, tendo en conta o nivel que había en tódalas probas, dado que están xa na fase provincial.

Clasificacións

Ver máis...