Onte disputouse no Polígono de Bértoa, en Carballo, a fase provincial de campo a través para colexios e institutos, que dá por finalizada a temporada desta competición. Dende fai dous anos, a partir da proba provincial, esta modalidade deportiva divídese entre centros escolares e entidades deportivas (pois ata ese momento a competición era única e remataba no campionato autonómico).
Nesta ocasión, do noso colexio estaba clasificado o equipo alevín masculino, acudindo á carreira catro alumnos do centro: Lois Areas, Iker Franquet, Saúl Pasantes e Xoel Soto. Percorreron unha distancia de 1000 metros nun terreo embarrado que é a mellor opción para coñecer o cross escolar e disfrutar deste deporte. Isto engade un extra de dificultade e esforzo por parte dos participantes, e unha vez máis os nenos fixérono moi ben, conseguindo os seguintes resultados: Lois, posto 21; Saúl, posto 35; Iker, posto 41; e Xoel, posto 56. Na clasificación por equipos acadaron o oitavo posto.
Benvidos ao blogue da área de Educación Física do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí vos informaremos de actividades que facemos co noso alumnado, propostas para facer exercicio e recomendacións para levar un vida saudable.
sábado, 7 de marzo de 2020
Provincial de campo a través
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario