jueves, 5 de diciembre de 2019

Xornada local campo a través 5 Decembro

Na mañá de hoxe xoves, celebrouse no campo municipal de Cee, a fase local do campionato escolar de campo a través. Esta competición organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do programa deportivo XOGADE, conta coa colaboración e axuda do Concello de Cee e da Agrupación Deportiva As Rías.

O noso colexio leva varios anos asistindo a esta actividade, fomentando a práctica deportiva nunha xornada lúdica e de convivencia con outros centros da zona, sendo un total de preto de 1000 rapaces e rapazas dos centros educativos da Costa da Morte.

Este ano asistimos a esta xornada con 75 nenos e nenas e varios máis do noso cole que competiron co clube de atletismo Olimpia. Levamos equipos nas categorías benxamín, alevín e infantil (tanto masculino como feminino) e un rapaz na categoría cadete.
Aínda que non é o obxectivo fundamental da actividade, varios nenos e nenas acadaron medallas e alcanzaron a clasificación tanto individual como por equipos para a seguinte fase da competición que terá lugar no concello de Noia o próximo 17 de Xaneiro.

 BENXAMÍN FEMININO

 BENXAMÍN MASCULINO

 ALEVÍN FEMININO

 ALEVÍN MASCULINO

 INFANTIL FEMININO

 INFANTIL MASCULINO

CADETE MASCULINO

Ver máis...

miércoles, 4 de diciembre de 2019

Xornada local Campo a través

Mañá 5 de decembro celebrarase no campo municipal San Paio Refoxos, a xornada local de campo a través promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Como todos os anos, o noso centro estará representado nesta xornada lúdica e deportiva, na cal participarán preto de 1000 rapaces e rapazas de diferentes colexios e institutos da zona da Costa da Morte.

Nos próximos días informaremos de todo o que aconteceu neste campionato escolar de campo a través. Ver máis...

lunes, 2 de diciembre de 2019

Unidade didáctica desprazamentos 4º Primaria

Os alumnos/as de 4º de Primaria veñen de rematar unha unidade sobre desprazamentos. Estiveron traballando os desprazamentos máis habituais e coñecidos como son a marcha e a carreira e outros que non son tan habituais como os transportes ou os deslizamentos.
No seguinte vídeo poderedes ver unha mostra dos xogos e actividades que realizaron.

Ver máis...

sábado, 23 de noviembre de 2019

Un serio problema

El 80% de los adolescentes del mundo no hace el ejercicio mínimo recomendado

Onte a OMS (Organización Mundial Saúde) publicou o maior estudo realizado sobre actividade física e deporte nos xóvenes do mundo. Os resultados son moi preocupantes, o 80% dos xóvenes entre 11 e 17 anos non realizan a actividade física diaria recomendada.

A OMS determina que o recomendable é realizar unha hora diaria de movemento e actividade física, neste estudo realizado en máis de 145 países, a meirande parte dos xóvenes non alcanzan este tempo recomendado.

Os niveis de obesidade, sedentarismo, enfermidades relacionadas con esta falta de exercicio ou os malos hábitos alimenticios, son un problema que debemos analizar e inculcar dende moi pequenos, a nosa saúde agradeceráoo.

O deporte e actividade física é saúde!


Ver máis...

lunes, 18 de noviembre de 2019

Campaña de Inverno 2020

O próximo 4 de Decembro remata o prazo de solicitude para a campaña de esquí que promove o concello de Cee en colaboración coa Deputación da. Coruña. Para máis información botade un ollo a páxina web do concello https://cee.gal/es/actualidade/campana-de-esqui-2020/5294/ ou na oficina do servizo de deportes.


Ver máis...

martes, 12 de noviembre de 2019

RÉTANNOS AO BRILÉ!

A celebración do Magosto non só foi comer castañas e pasar un rato agradable cos nos nosos compañeiros/as, tamén tivo a súa parte deportiva. O alumnado de 6º retou aos mestres e mestras a xogar unhas partidas ao brilé. O resto dos cursos  animaron nas bancadas, uns aos seus compañeiros e outros aos mestres.

O resultado non era o importante, as risas e o bo ambiente estiveron presentes en todo momento. 

Non sabemos se desfrutamos máis os mestres ou os pequen@s!





Ver máis...

jueves, 7 de noviembre de 2019

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL 19-20


Retomamos o contido do blogue de Educación Física, aquí vos deixamos a programación deportiva do concello de Cee para este curso 19-20. 




Outra das actividades ofertadas na nosa zona é a escola de tenis, o Clube de Tenis a Xunqueira de Cee en colaboración co servizo municipal de deportes, inicia neste mes de Novembro as súas actividades no pavillón municipal de Brens.


Ver máis...