A celebración do Magosto non só foi comer castañas e pasar un rato agradable cos nos nosos compañeiros/as, tamén tivo a súa parte deportiva. O alumnado de 6º retou aos mestres e mestras a xogar unhas partidas ao brilé. O resto dos cursos animaron nas bancadas, uns aos seus compañeiros e outros aos mestres.
O resultado non era o importante, as risas e o bo ambiente estiveron presentes en todo momento.
Non sabemos se desfrutamos máis os mestres ou os pequen@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario