O pasado venres celebrouse no Campo de fútbol San Paio de Refoxos de Cee a proba correspondente á fase comarcal de campo a través. Nesta cita anual na que participamos dende fai varios anos, acudiron outros centros educativos e entidades, tanto do noso concello coma dos limítrofes. Asi, da nosa vila, acudiron o CPR Manuela Rial Mouzo, os IES Fernando Blanco e Agra de Raíces, e a Agrupación deportiva Olimpia. Do noso arredor, participaron: CEIP San Vicenzo (Vimianzo), CEIP Santa Eulalia (Dumbría), CEIP Virxe da Barca (Muxía), CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco), IES Terra de Soneira (Vimianzo), IES Pedra da Aguia (Camariñas).
Do noso colexio participaron máis de 60 alumnos e alumnas, dos cales algúns adestran co clube de atletismo Olimpia, e deste grupo participaron coas dúas entidades, algúns co colexio e outros co clube.
Todos e todas fixérono moi ben e acadaron os mellores resultados para o colexio dende que participamos nestas probas, clasificando para a fase intercomarcal cinco equipos de seis categorias nas que participamos e na proba infantil masculino clasificou un alumno de xeito individual.
Podedes ver as clasificacións no seguinte enlace: clasificacións
Para a fase intercomarcal nos equipos clasificados irán os seis primeiros nenos ou nenas do colexio de cada categoría. Esta proba disputaras o vindeiro venres 7 de febreiro en Noia.
Parabéns a tódolos participantes polo comportamento, o esforzo realizado e os resultados obtidos por todos.
Ver máis...
Benvidos ao blogue da área de Educación Física do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí vos informaremos de actividades que facemos co noso alumnado, propostas para facer exercicio e recomendacións para levar un vida saudable.
miércoles, 29 de enero de 2014
domingo, 24 de febrero de 2013
Campionato galego de campo a través
Xan Insua Miñones participou este sábado no campionato galego de cross escolar. A competición tivo lugar no campo de golf do Hotel Balneario de Guitiriz. Xan competiu na categoría alevín masculino, completando un percorrido de 1.920 metros. Na saída conseguiu colocarse nos primeiros postos, pero xa dende este momento o neno finalmente vencedor da carreira comezou a sacar distancia dos demais competidores.
| Xan avanza no 6º posto deste grupo |
Durante toda a proba, agás este rapaz, houbo un grupo dus 15 nenos que foron enfilados e intercambiando posicións. Neste grupo foi Xan en todo momento, entre os postos 7 e 10, e finalmente rematou no posto decimoterceiro.
Hai que destacar a gran carreira realizada por Xan, por rematar en tan bo posto nunha final galega, cun nivel dos participantes moi alto. Noraboa Xan.
Clasificacións
Ver máis...
domingo, 17 de febrero de 2013
Fase Provincial de campo a través
Este
sábado disputouse en Acea da Ma, Culleredo, a proba
correspondente á fase provincial de Campo a través. Do
nosos colexio participaron tres nenos: Carlos Pais Costa, Nicolás
Filloy Montesino e Xan Insua Miñones.
Carlos
e Nicolás foron os primeiros en participar, na proba benxamín
masculino realizando un percorrido de 700 metros. Os dous saíron
no medio do pelotón e foron adiantando posicións ata
rematar Carlos en oitava posición e Nicolás no posto
26. Para a categoría benxamín esta era a derradeira
proba da competición.
Xan
disputou a carreira alevín masculino realizando dúas
veces un percorrido de 865 metros para completar os 1730 metros
establecidos. A súa saída foi moi boa e rapidamente se
situou nos primeiros postos (tal e como podedes ver na seguinte
imaxe, Xan avanza pola parte dereita do grupo).
Ó
longo da primeira volta chegou a encabezar o grupo e mesmo na
primeira parte da segunda volta, pero na parte final outros nenos
conseguiron adiantalo e rematou no sexto posto. Ó quedar tan
ben clasificado, vai a participar o vindeiro sábado na fase
autonómica que terá lugar en Guitiriz, Lugo.
Noraboa
ós tres nenos polo ben que o fixeron, tendo en conta o nivel
que había en tódalas probas, dado que están xa
na fase provincial.
Clasificacións
Clasificacións
miércoles, 30 de enero de 2013
Fase Intercomarcal de campo a través
O
pasado venres disputáronse no campo de fútbol de A
Alta, na Pobra do Caramiñal, as carreiras de campo a través
correspondentes á fase intercomarcal en categorías
dende benxamíns ata cadetes. Estaban presentes os nenos e
nenas clasificados das comarcas da Costa da Morte, Noia e Barbanza.
Ver máis...
Do
noso colexio participaron un total de 25 alumnos e alumnas, que
fixeron moi boas carreiras tendo en conta o nivel dos participantes,
principalmente os clubes de atletismo de Noia. Incluso Carlos
Pais, en categoría benxamín masculino; e Xan
Insua, en categoría alevín masculino conseguiron
vencer na súa categoría. No seguinte enlace podedes ver
as clasificacións tanto individuais coma por equipos.
Clasificacións
Os
resultados dos nosos atletas foron os seguintes:
Benxamín
feminino: Xiana (33), Bistra (34),Uxía (35), Xela (43),
Lucía (51) e Desirée (52).
Benxamín
masculino: Carlos (1), Nicolás (11), Samuel (17),
Daniel (26), Jorge (40) e Ángel.
Alevín
feminino: Marta (5), Lucía (22), Aroa (33, non aparece
o nome na clasificación debido a algún erro), Manuela
(34), Carmen (38) e Inés (42).
Alevín
masculino: Xan (1), Berto (4), Adrián (35), Leo (41),
Santi (44) e Pablo (55).
Clasifican
para a fase provincial o equipo benxamín masculino, como
primeiro clasificado por equipos; a nivel indiviual clasifican Marta,
en categoría alevín feminino; e Xan e Berto, en
categoría alevín masculino.
Os
mestres de educación física queremos felicitar a todos
os nenos e nenas do colexio que foron á carreira polo ben que
o fixeron e recoñemos o esforzo que realizaron na proba.
Ademais os resultados son mérito única e exclusivamente
deles, pois nós non adestramos nin preparamos para nada estas
probas e simplemente facilitamos a participación e
acompañámolos. Tamén hai que destacar que algúns
dos nenos este ano comezaron a adestrar co clube "Olimpia"
da nosa vila, e que neste caso si que apréciase tanto o
traballo de Jorge (o adestrador) coma dos nenos e nenas que adestran: Marta,
Lucía, Inés e Xan.
lunes, 10 de diciembre de 2012
Resultados Campo a Través
Xa están dispoñibles os postos nos que acabaron os nenos e nenas que participaron na proba comarcal de campo a través o pasado mércores cinco de decembro en San Paio de Refoxos (Cee).
Hai un erro nas mesmas: non aparece Marta Souto, en categoría alevín feminino, que rematou a proba en segunda posición.
Clasifican para a seguinte proba os seis primeiros clasificados individuais e os dous mellores equipos. Polo tanto están clasificados os equipos benxamín nas categorías masculino e feminino e os equipos alevíns, tamén en categoría masculina e feminina. De xeito individual clasifica Andrea Caamaño, en categoría infantil feminino. A seguinte proba, correspondente á fase intercomarcal, disputarase en Negreira no vindeiro mes de xaneiro. Por cada equipo clasificado poden participar seis corredores.
Os resultados dos nenos do noso cole son os seguintes:
Hai un erro nas mesmas: non aparece Marta Souto, en categoría alevín feminino, que rematou a proba en segunda posición.
Clasifican para a seguinte proba os seis primeiros clasificados individuais e os dous mellores equipos. Polo tanto están clasificados os equipos benxamín nas categorías masculino e feminino e os equipos alevíns, tamén en categoría masculina e feminina. De xeito individual clasifica Andrea Caamaño, en categoría infantil feminino. A seguinte proba, correspondente á fase intercomarcal, disputarase en Negreira no vindeiro mes de xaneiro. Por cada equipo clasificado poden participar seis corredores.
Os resultados dos nenos do noso cole son os seguintes:
Benxamín Feminino: Bistra
Vasileva (5ª), Xela Río (6ª), Uxía Caamaño
(9ª), Lucía Lado (12ª), Desirée Caamaño
(13ª), Xiana Castro (17ª), Zaira Domínguez (27ª),
Xiana Lago (32ª).
Benxamín Masculino:
Carlos Pais (1º), Nicolás Filloy (5º), Samuel Canosa
(6º), Daniel Lago (7º), Jorge Trillo (17º), Christian
González (18º), Ángel Aba (21º), Lois Fraga
(29º).
Alevín Feminino: Marta
Souto (2ª), Lucía Suárez (3ª), Manuela Ayala
(5ª), Inés Vázquez (7ª), Carmen Romero (8ª),
Aroa Souto (9ª), Ana Oca (10ª), Tania Trillo (13ª),
María del Carmen Iglesias (20ª), Alexandra Rey (29ª),
Diana Domínguez (30ª), Gisela Romero (34ª).
Benxamín Masculino: Xan
Insua (1º), Berto Fandiño (2ª), Leo Coo (11º),
Adrián Domínguez (12º), Santi Vázquez
(14º), Rubén Carnero (20º), Pablo Oreiro (23),
Alejandro Castro (25º), Alexandre Trillo (31º), Fernando
Trillo (32º), Raúl Quintáns (36º), Daniel
Domínguez (42º), Teo Pérez (43º)
Infantil Feminino: Andrea
Caamaño (4ª), Virginia Aba (32ª).
Infantil Masculino: Marco López
(25º), Jonathan Martínez (37º), Fabián Louzán
(40º), Manuel Iglesias (59º).
Sinala que os nenos e nenas que
sinalamos a continuación adestran co clube de atletismo
"Olimpia": Marta Souto, Lucía Suárez,
Inés Vázquez, Ana Oca, Xan Insua e Alexandre Trillo.
Ver máis...
miércoles, 5 de diciembre de 2012
Fase comarcal de campo a través
Esta mañá celebrouse no
estadio San Paio de Refoxos de Cee a proba correspondente á
fase comarcal de campo a través, organizada pola Secretaría
Xeral para o Deporte. Participaron colexios e institutos da zona,
ademais do clube de atletismo "Olimpia" de Cee. Os centros
participantes foron: Colexio Manuela Rial Mouzo (Cee), CEIP
Virxe da Barca (Muxía), CEIP Santa Eulalia (Dumbría),
CEIP San Vicenzo (Vimianzo), CPI Cabo da Area (Laxe), CPI Alcalde
Xosé Pichel (Coristanco), IES Agra de Raíces (Cee), IES
Fernando Blanco (Cee) e IES Pedra da Aguia.
Do noso cole participaron un total de
49 alumnos de categorías benxamín, alevín e
infantil tanto masculino coma feminino. Todos e todas fixérono
moi ben e moitos deles incluso acadaron medalla, o que indica que
quedaron nun gran posto. Destacaremos a victoria de Carlos Pais en
categoría benxamín masculino; asi coma o primeiro e segundo posto de Xan Insua e Berto Fandiño, respectivamente, en categoría alevín masculino.
Os mestres de educación física
queremos felicitar a tódolos alumnos que participaron na proba
polo esforzo que realizaron e o ben que competiron con nenos e nenas
doutros coles.
Ó igual que en ocasións
anteriores, sinalar que os bos resultados acadados son mérito
persoal dos nenos e nenas, e que nas nosas clases non practicamos
ningún tipo de adestramento. Algúns dos alumnos acoden
á actividade de atletismo, co clube "Olimpia" e
outros practican outros deportes (fútbol sala, baloncesto) que
é o que lles da o fondo física necesario para competir.
Ver máis...
viernes, 16 de marzo de 2012
Baile deportivo
Esta semana recibímola visita de Graciela, que veu ensinar baile deportivo aos nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
En primeiro lugar, na biblioteca, tódolos cursos viron un vídeo sobre a evolución do baile deportivo, as súas modalidades, categorías; asi coma outros tipos de baile existentes e que non se inclúen dentro desta modalidade que é a de maior importancia.
Ver máis...
En primeiro lugar, na biblioteca, tódolos cursos viron un vídeo sobre a evolución do baile deportivo, as súas modalidades, categorías; asi coma outros tipos de baile existentes e que non se inclúen dentro desta modalidade que é a de maior importancia.
Logo viña a parte práctica, onde Graciela ensinaba os pasos a nenos e nenas, primeiro por separado,e logo para bailar en parella. Tódolos grupos practicaron samba e jive, e incluso algún practicou cha-cha-cha. Varios alumnos do colexio practican baile con Graciela, porque da clase en Arte e Movemento e notábanse as súas dotes, destacando sobre os demais. Pero foi unha actividade que lles gustou moito a todos.
Agradecemos a Graciela a súa visita polo ben que nos ensinou e como transmite o seu gusto polo baile aos alumnos.
As fotografías son dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria
Suscribirse a:
Entradas (Atom)