O
pasado venres disputáronse no campo de fútbol de A
Alta, na Pobra do Caramiñal, as carreiras de campo a través
correspondentes á fase intercomarcal en categorías
dende benxamíns ata cadetes. Estaban presentes os nenos e
nenas clasificados das comarcas da Costa da Morte, Noia e Barbanza.
Do
noso colexio participaron un total de 25 alumnos e alumnas, que
fixeron moi boas carreiras tendo en conta o nivel dos participantes,
principalmente os clubes de atletismo de Noia. Incluso Carlos
Pais, en categoría benxamín masculino; e Xan
Insua, en categoría alevín masculino conseguiron
vencer na súa categoría. No seguinte enlace podedes ver
as clasificacións tanto individuais coma por equipos.
Clasificacións
Os
resultados dos nosos atletas foron os seguintes:
Benxamín
feminino: Xiana (33), Bistra (34),Uxía (35), Xela (43),
Lucía (51) e Desirée (52).
Benxamín
masculino: Carlos (1), Nicolás (11), Samuel (17),
Daniel (26), Jorge (40) e Ángel.
Alevín
feminino: Marta (5), Lucía (22), Aroa (33, non aparece
o nome na clasificación debido a algún erro), Manuela
(34), Carmen (38) e Inés (42).
Alevín
masculino: Xan (1), Berto (4), Adrián (35), Leo (41),
Santi (44) e Pablo (55).
Clasifican
para a fase provincial o equipo benxamín masculino, como
primeiro clasificado por equipos; a nivel indiviual clasifican Marta,
en categoría alevín feminino; e Xan e Berto, en
categoría alevín masculino.
Os
mestres de educación física queremos felicitar a todos
os nenos e nenas do colexio que foron á carreira polo ben que
o fixeron e recoñemos o esforzo que realizaron na proba.
Ademais os resultados son mérito única e exclusivamente
deles, pois nós non adestramos nin preparamos para nada estas
probas e simplemente facilitamos a participación e
acompañámolos. Tamén hai que destacar que algúns
dos nenos este ano comezaron a adestrar co clube "Olimpia"
da nosa vila, e que neste caso si que apréciase tanto o
traballo de Jorge (o adestrador) coma dos nenos e nenas que adestran: Marta,
Lucía, Inés e Xan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario