domingo, 24 de febrero de 2013

Campionato galego de campo a través

Xan Insua Miñones participou este sábado no campionato galego de cross escolar. A competición tivo lugar no campo de golf do Hotel Balneario de Guitiriz. Xan competiu na categoría alevín masculino, completando un percorrido de 1.920 metros. Na saída conseguiu colocarse nos primeiros postos, pero xa dende este momento o neno finalmente vencedor da carreira comezou a sacar distancia dos demais competidores.

Xan avanza no 6º posto deste grupo
Durante toda a proba, agás este rapaz, houbo un grupo dus 15 nenos que foron enfilados e intercambiando posicións. Neste grupo foi Xan en todo momento, entre os postos 7 e 10, e finalmente rematou no posto decimoterceiro.
Hai que destacar a gran carreira realizada por Xan, por rematar en tan bo posto nunha final galega, cun nivel dos participantes moi alto. Noraboa Xan.
Clasificacións Ver máis...

domingo, 17 de febrero de 2013

Fase Provincial de campo a través

Este sábado disputouse en Acea da Ma, Culleredo, a proba correspondente á fase provincial de Campo a través. Do nosos colexio participaron tres nenos: Carlos Pais Costa, Nicolás Filloy Montesino e Xan Insua Miñones.
Carlos e Nicolás foron os primeiros en participar, na proba benxamín masculino realizando un percorrido de 700 metros. Os dous saíron no medio do pelotón e foron adiantando posicións ata rematar Carlos en oitava posición e Nicolás no posto 26. Para a categoría benxamín esta era a derradeira proba da competición.


Xan disputou a carreira alevín masculino realizando dúas veces un percorrido de 865 metros para completar os 1730 metros establecidos. A súa saída foi moi boa e rapidamente se situou nos primeiros postos (tal e como podedes ver na seguinte imaxe, Xan avanza pola parte dereita do grupo). 


Ó longo da primeira volta chegou a encabezar o grupo e mesmo na primeira parte da segunda volta, pero na parte final outros nenos conseguiron adiantalo e rematou no sexto posto. Ó quedar tan ben clasificado, vai a participar o vindeiro sábado na fase autonómica que terá lugar en Guitiriz, Lugo.
Noraboa ós tres nenos polo ben que o fixeron, tendo en conta o nivel que había en tódalas probas, dado que están xa na fase provincial.

Clasificacións

Ver máis...

miércoles, 30 de enero de 2013

Fase Intercomarcal de campo a través

O pasado venres disputáronse no campo de fútbol de A Alta, na Pobra do Caramiñal, as carreiras de campo a través correspondentes á fase intercomarcal en categorías dende benxamíns ata cadetes. Estaban presentes os nenos e nenas clasificados das comarcas da Costa da Morte, Noia e Barbanza.
Do noso colexio participaron un total de 25 alumnos e alumnas, que fixeron moi boas carreiras tendo en conta o nivel dos participantes, principalmente os clubes de atletismo de Noia. Incluso Carlos Pais, en categoría benxamín masculino; e Xan Insua, en categoría alevín masculino conseguiron vencer na súa categoría. No seguinte enlace podedes ver as clasificacións tanto individuais coma por equipos. Clasificacións
Os resultados dos nosos atletas foron os seguintes:
Benxamín feminino: Xiana (33), Bistra (34),Uxía (35), Xela (43), Lucía (51) e Desirée (52).
Benxamín masculino: Carlos (1), Nicolás (11), Samuel (17), Daniel (26), Jorge (40) e Ángel.
Alevín feminino: Marta (5), Lucía (22), Aroa (33, non aparece o nome na clasificación debido a algún erro), Manuela (34), Carmen (38) e Inés (42).
Alevín masculino: Xan (1), Berto (4), Adrián (35), Leo (41), Santi (44) e Pablo (55).
Infantil feminino: Andrea (24).






Clasifican para a fase provincial o equipo benxamín masculino, como primeiro clasificado por equipos; a nivel indiviual clasifican Marta, en categoría alevín feminino; e Xan e Berto, en categoría alevín masculino.
Os mestres de educación física queremos felicitar a todos os nenos e nenas do colexio que foron á carreira polo ben que o fixeron e recoñemos o esforzo que realizaron na proba. Ademais os resultados son mérito única e exclusivamente deles, pois nós non adestramos nin preparamos para nada estas probas e simplemente facilitamos a participación e acompañámolos. Tamén hai que destacar que algúns dos nenos este ano comezaron a adestrar co clube "Olimpia" da nosa vila, e que neste caso si que apréciase tanto o traballo de Jorge (o adestrador) coma dos nenos e nenas que adestran: Marta, Lucía, Inés e Xan.
Ver máis...

lunes, 10 de diciembre de 2012

Resultados Campo a Través

Xa están dispoñibles os postos nos que acabaron os nenos e nenas que participaron na proba comarcal de campo a través o pasado mércores cinco de decembro en San Paio de Refoxos (Cee).
Hai un erro nas mesmas: non aparece Marta Souto, en categoría alevín feminino, que rematou a proba en segunda posición.
Clasifican para a seguinte proba os seis primeiros clasificados individuais e os dous mellores equipos. Polo tanto están clasificados os equipos benxamín nas categorías masculino e feminino e os equipos alevíns, tamén en categoría masculina e feminina. De xeito individual clasifica Andrea Caamaño, en categoría infantil feminino. A seguinte proba, correspondente á fase intercomarcal, disputarase en Negreira no vindeiro mes de xaneiro. Por cada equipo clasificado poden participar seis corredores.
Os resultados dos nenos do noso cole son os seguintes:

Benxamín Feminino: Bistra Vasileva (5ª), Xela Río (6ª), Uxía Caamaño (9ª), Lucía Lado (12ª), Desirée Caamaño (13ª), Xiana Castro (17ª), Zaira Domínguez (27ª), Xiana Lago (32ª).
Benxamín Masculino: Carlos Pais (1º), Nicolás Filloy (5º), Samuel Canosa (6º), Daniel Lago (7º), Jorge Trillo (17º), Christian González (18º), Ángel Aba (21º), Lois Fraga (29º).
Alevín Feminino: Marta Souto (2ª), Lucía Suárez (3ª), Manuela Ayala (5ª), Inés Vázquez (7ª), Carmen Romero (8ª), Aroa Souto (9ª), Ana Oca (10ª), Tania Trillo (13ª), María del Carmen Iglesias (20ª), Alexandra Rey (29ª), Diana Domínguez (30ª), Gisela Romero (34ª).
Benxamín Masculino: Xan Insua (1º), Berto Fandiño (2ª), Leo Coo (11º), Adrián Domínguez (12º), Santi Vázquez (14º), Rubén Carnero (20º), Pablo Oreiro (23), Alejandro Castro (25º), Alexandre Trillo (31º), Fernando Trillo (32º), Raúl Quintáns (36º), Daniel Domínguez (42º), Teo Pérez (43º)
Infantil Feminino: Andrea Caamaño (4ª), Virginia Aba (32ª).
Infantil Masculino: Marco López (25º), Jonathan Martínez (37º), Fabián Louzán (40º), Manuel Iglesias (59º).
Sinala que os nenos e nenas que sinalamos a continuación adestran co clube de atletismo "Olimpia": Marta Souto, Lucía Suárez, Inés Vázquez, Ana Oca, Xan Insua e Alexandre Trillo.
Ver máis...

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Fase comarcal de campo a través

Esta mañá celebrouse no estadio San Paio de Refoxos de Cee a proba correspondente á fase comarcal de campo a través, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte. Participaron colexios e institutos da zona, ademais do clube de atletismo "Olimpia" de Cee. Os centros participantes foron: Colexio Manuela Rial Mouzo (Cee), CEIP Virxe da Barca (Muxía), CEIP Santa Eulalia (Dumbría), CEIP San Vicenzo (Vimianzo), CPI Cabo da Area (Laxe), CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco), IES Agra de Raíces (Cee), IES Fernando Blanco (Cee) e IES Pedra da Aguia.
Do noso cole participaron un total de 49 alumnos de categorías benxamín, alevín e infantil tanto masculino coma feminino. Todos e todas fixérono moi ben e moitos deles incluso acadaron medalla, o que indica que quedaron nun gran posto. Destacaremos a victoria de Carlos Pais en categoría benxamín masculino; asi coma o primeiro e segundo posto de Xan Insua e Berto Fandiño, respectivamente, en categoría alevín masculino.
Os mestres de educación física queremos felicitar a tódolos alumnos que participaron na proba polo esforzo que realizaron e o ben que competiron con nenos e nenas doutros coles.
Ó igual que en ocasións anteriores, sinalar que os bos resultados acadados son mérito persoal dos nenos e nenas, e que nas nosas clases non practicamos ningún tipo de adestramento. Algúns dos alumnos acoden á actividade de atletismo, co clube "Olimpia" e outros practican outros deportes (fútbol sala, baloncesto) que é o que lles da o fondo física necesario para competir.
Ver máis...

viernes, 16 de marzo de 2012

Baile deportivo

Esta semana recibímola visita de Graciela, que veu ensinar baile deportivo aos nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

En primeiro lugar, na biblioteca, tódolos cursos viron un vídeo sobre a evolución do baile deportivo, as súas modalidades, categorías; asi coma outros tipos de baile existentes e que non se inclúen dentro desta modalidade que é a de maior importancia.
Logo viña a parte práctica, onde Graciela ensinaba os pasos a nenos e nenas, primeiro por separado,e logo para bailar en parella. Tódolos grupos practicaron samba e jive, e incluso algún practicou cha-cha-cha. Varios alumnos do colexio practican baile con Graciela, porque da clase en Arte e Movemento e notábanse as súas dotes, destacando sobre os demais. Pero foi unha actividade que lles gustou moito a todos.

Agradecemos a Graciela a súa visita polo ben que nos ensinou e como transmite o seu gusto polo baile aos alumnos.

 As fotografías son dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria

Ver máis...

sábado, 11 de febrero de 2012

Fase provincial de campo a través

Hoxe sábado 11 de febreiro disputouse na Pobra do Caramiñal a fase provincial de campo a través. O circuíto estaba situado nun parque a carón da praia de Cabío. Nesta carreira participaron todos os nenos e nenas clasificados nas fases intercomarcais das distintas categorías, dende benxamín ata cadete.
Da Costa da Morte, os únicos representantes eran o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, cun neno de categoría alevín masculino; o Colexio Manuela Rial Mouzo, con sete participantes de categorías, benxamín masculino e feminino, alevín masculino e cadete masculino; e do noso colexio, o CEIP Eugenio López, con Xan Insua Miñones (4º B), en categoría alevín masculino e Xabier Insua Miñones (6º A) en categoría infantil masculino.
O primeiro en participar foi Xan, realizando un percorrido de 1.600 metros. Rematou a proba en vixésimo novena posición, un bo resultado tendo en conta o nivel da proba, con participantes de numerosos clubes de atletismo, e que ademais este neno é alevín de primeiro ano.

Posteriormente Xabier realizou un percorrido de 2.000 metros rematando en décimocuarta posición. Dende a saída asentouse nesta posición e realizou dúas voltas sobre un percorrido circular manténdose neste bo posto durante practicamente a totalidade da carreira.

Noraboa ós dous participantes polo ben que o fixeron tanto nesta coma nas anteriores probas podendo disputar esta fase na que están presentes soamente os nenos e nenas máis rápidos de toda a provincia.

Ver máis...