Escolma de fotos cedidas pola ANPA Uxío da proba intercomarcal de cross escolar
Ver máis...
Benvidos ao blogue da área de Educación Física do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí vos informaremos de actividades que facemos co noso alumnado, propostas para facer exercicio e recomendacións para levar un vida saudable.
martes, 29 de enero de 2019
sábado, 26 de enero de 2019
Intercomarcal de campo a través
Onte celebrouse en Porto do Son, no campamento Virxe de Loreto, a proba correspondente á fase intercomarcal de campo a través, na que participaban os escolares de categorías benxamín, alevín, infantil e cadete que previamente clasificaron nas fases comarcais da Costa da Morte e do Barbanza. En total preto de 700 nenos e nenas que se deron cita nesta fase.
As boas condicións meteorolóxicas facilitaron un pouco as carreiras que transcurrían por camiños entre árbores, que en caso de choiva estarían esvaradizos e barrentos. Aínda asi as continuas pendentes, que sen ser moi pronunciadas si desgastaban os atletas, facían un percorrido bonito para presenciar.
O noso colexio participaba en tódalas categorías ata infantil. Comezaron a proba as nenas de categoría benxamín feminino percorrendo 500 metros de distancia, para a continuación os nenos da mesma categoría repetiran a mesma carreira. Posteriormente celebrouse a carreira alevín feminino cunha distancia de 600 metros, realizando logo a proba os nenos da mesma categoría e correndo 800 metros. Posteriormente tivo lugar a proba infantil feminino, que repetiu distancia cos nenos da anterior categoría e protagonizando a proba de maior cantidade de caídas: primeiro unha nena do noso colexio caeu xusto ó comezar a proba, e uns metros máis adiante produciuse outra caída en cadea na que tocaron chan seis nenas. Os últimos en participar foron os nenos de categoría infantil masculino, que realizaron unha distancia de 1.200 metros.
Destacar o esforzo de tódolos nenos e nenas participantes polo nivel amosado nas probas ante outros nenos e nenas de entidade e de clubes de atletismo. Asimesmo felicitar a Lois polo seu segundo posto na categoría benxamín masculino e unha mención especial a un exalumno, Miguel, que corre na AD Olimpia e se proclamou vencedor da súa categoría, nun final moi axustado que se decidiu na liña de meta.
Ver máis...
viernes, 11 de enero de 2019
Fase comarcal de campo a través
Hoxe á mañá celebrouse en Cee a fase comarcal de campo a través. Tralas dúas datas aprazadas debido ao mal tempo, hoxe, cun pouco de frío á chegada, pero cun día espléndido disputáronse as carreiras das distintas categorías masculina e feminina benxamin a cadete. Organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do programa XOGADE preto de 900 nenos e nenas dos centros educativos e clubes de atletismos déronse cita no campo de fútbol San Paio de Refoxos en Cee. As entidades participantes foron as seguintes: CEIP Mar de Fóra e CPR Nosa Señora do Carme de Fisterra; CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; CEIP Santa Eulalia de Dumbría; CEIP San Vicenzo e IES Terra de Soneira de Vimianzo; CEIP Virxe da Barca e CEIP Os Muíños de Muxía; CEIP Canosa-Rus de Coristanco; CEIP de Baíñas; CPI Cabo da Area de Laxe; IES Pedra da Aguia de Camariñas; e por último a Agrupación Deportiva Olimpia, o CPR Manuela Rial Mouzo, o CEIP Eugenio López e o IES Agra de Raíces de Cee.
Comezaron as nenas de categoría benxamín feminino percorrendo unha distancia de 500 metros, cuns resultados excepcionais das cinco participantes do cole: Lucía, Paula, Helena Paz, Helena Otero e Beatriz, que acabaron na segunda praza por equipos e clasifican para a fase intercomarcal.
A continuación foi o turno da categoría benxamín masculino, que realizou a mesma carreira que as nenas, e como non querían ser menos, os nenos tamén quedaron segundos clasificados por equipos e igualmente clasifican para a fase intercomarcal. Nesta proba Lois foi o vencedor. Os nenos participantes foron: Lois, Leo, Hugo, Raúl, Adrián e Sergio.
A seguinte carreira foi a de categoría alevín feminino, que debido a un erro na realización do percorrido, tiveron que repetir a proba, co cal acabaron bastante cansas. A distancia percorrida foi de 800 metros. Nesta categoría correron: Sheyla, Carla, Aldara, Sara, Paula, Lucía, Laura, María, Ylenia, Helena, Ángela e Adriana. Destacar que Sheyla, sendo corredora alevín de primeiro ano quedou en séptima posición.
Na seguinte quenda os nenos alevins masculinos percorreron 1000 metros, e a medida que aumentan as distancias, aumenta o nivel dos corredores e nótase máis aqueles que practican atletismo ou outros deportes no que desarrollan a resistencia. Nesta proba participaron: Xabier, Pablo, Izan Rey, Yzan Caamaño, Marco, Xoel, Martín e Saúl.
A carreira de categoría infantil feminino foi unha das de maior participación, con 110 atletas. Do colexio acudiron á cita: María Luz, Sabela, Saray, Reyes e Sofía. Percorreron máis de 1000 metros e dúas delas clasifican para a seguinte fase (Saray e María Luz).
E pecharon a participación do colexio Anxo, Unai, Sergio, Rubén, Roberto, David, Xián e Brais, de categoría infantil masculino. Neste caso a distancia percorrida foi de 1300 metros. O vencedor da proba foi Mauro (exalumno do cole). Como todos os rapaces o fixeron ben clasifican segundos por equipos para a fase intercomarcal.
Sinalar que tamén participaron nenos e nenas do colexio coa Agrupación Deportiva Olimpia, que como tódolos anos foi a que acadou os mellores resultados, clasificando equipos en tódalas probas e gañando moitas delas.
Queremos felicitar a tódolos nenos do cole que participaron tanto co colexio como con Olimpia, asi como o resto de alumnado participante dos outros centros educativos da comarca polo seu esforzo, a ilusión coa que compiten e o ben que o pasan e nolo fan pasar.
Ver máis...
martes, 13 de marzo de 2018
Carla Martínez na selección galega
forma parte da selección galega feminina sub-12.
Xogará coa selección de Galicia, no campionato de seleccións autonómicas.
sábado, 27 de enero de 2018
Intercomarcal de campo a través
Onte tivo lugar en Noia, nas instalacións do campo de fútbol de Santa Isabel, a proba correspondente á fase intercomarcal de campo a través, onde participaban colexios, institutos e clubes de atletismo das comarcas da Costa da Morte, Muros-Noia e do Barbanza. Do noso colexio clasificaran na proba comarcal os equipos benxamín, alevín e intantil femininos e o equipo alevín masculino. Dun total de 23 alumnos inscritos foron á carreira dezasete.
As primeiras participantes foron as nenas do equipo benxamín feminino (Aldara, Helena, Sara e Xana, posto que finalmente Shaila non correu). Foi a primeira das carreiras e completaron un percorrido de 500 metros.
Despois de disputarse a proba benxamín masculina, foi o turno das nenas de categoría alevín feminino, que completaron 600 metros de distancia. Nesta carreira participaron catro nenas: Ethel, Érika, Iris e Lorena.
Na seguinte carreira, os nenos alevíns masculinos correron 800 metros e acabaron moi cansos. Certamente o nivel era alto e polo tanto o esforzo realizado por todos e todas as participantes foi moi grande. Os nosos atletas foron Antón, Anxo, Brais e Unai.
Finalmente as últimas participantes do cole foron a nenas do equipo infantil feminino: Arwen, Carla, María Luz e Lúa. Fixeron a mesma carreira que os alevíns masculinos, coa dificultade que a parte do percorrido que transcurría por terreo estaba completamente embarrado, xa que a medida que ían transcurrindo as probas o estado ía empeorando.
Ademais destes alumnado tamén participaron alumnas do colexio que compiten co clube de atletismo Olimpia: Eire (en categoría benxamín feminino); Aroa (en categoría alevín feminino) e Noa e Sonia (en categoría infantil feminino). Todas elas conseguiron moi boas marcas e acadaron medalla.
Os mestres de educación física queremos felicitar e dar a noraboa a todos os participantes e agradecemos a entrega do noso alumnado, competindo con outros nenos e nenas de gran nivel.
Tamén felicitar ós nosos compañeiros de Olimpia, que acadou podium individual e por equipos en practicamente a totalidade das categorías; asi coma os compañeiros do colexio Manuela Rial, que clasificou o equipo cadete masculino en primeira posición.
A continuación podedes ver algunhas fotos da proba:
Ver máis...
A continuación podedes ver algunhas fotos da proba:
sábado, 9 de diciembre de 2017
Clasificacións comarcal de campo a través
No seguinte enlace podedes ver as clasificacións individuais e por equipos das probas de campo a través celebradas o pasado martes en Cee.
Clasificacións Ver máis...
Clasificacións Ver máis...
martes, 5 de diciembre de 2017
Comarcal de campo a través
Hoxe, un ano máis, e tal e como vén sendo habitual nos últimos anos, tivo lugar no campo de fútbol de San Paio de Refoxos de Cee a proba correspondente á fase comarcal de campo a través, cunha participación de máis de 900 nenos de idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.As entidades participantes foron as seguintes: o colexios Eugenio López e Manuela Rial asi coma o IES Agra de Raíces e a Asociación Deportiva Olimpia de Cee; o CEIP Santa Eulalia de Dumbría; o CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; os colexios Mar de Fóra e Nosa Señora do Carme de Fisterra; o CEIP Virxe da Barca de Muxía; o CEIP San Vicenzo e o IES Terra de Soneira de Vimianzo; o CEIP de Baíñas; o CPI Cabo da Area de Laxe; o CEIP Canosa-Rus e o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco; o CEIP Ramón Otero Pedrayo de Laracha e o IES Pedra da Aguia de Camariñas.
Estuvo un día fabuloso para a práctica deportiva e foi unha xornada lúdica na que os nenos e nenas puideron disfrutar dunha competición que sempre lles motiva moito. Do noso centro participaron 48 alumnos do colexio, ademais de máis alumnos do centro que adestran e compiten coa Asociación Deportiva Olimpia, que un ano máis volveu a poñer de manifesto o nivel dos seus compoñentes gañando e clasificando equipos na maioría das categorías e que reflexa o bo traballo realizado polo seu adestrador Jorge Lariño, sen deixar de lado o esforzo dos atletas.
Nós participamos con alumnos de categorías benxamín, alevín e infantil. Na categoría benxamín, tanto masculino coma feminino percorreron unha distancia de 500 metros. Como é a primeira vez que participan, tiveron a posibilidade de enfrontarse a outros nenos e nenas da súa mesma idade e ver cal é realmente o nivel que teñen eles mesmos, e tamén o resto de participantes. Logo foi o turno para as nenas de categoría alevín feminino, que percorreron 600 metros, continuando cos nenos da mesma categoría que percorreron 800 metros. Os últimos participantes do colexio foron os de categoría infantil percorrendo 800 metros en categoría feminina e 1.200 metros en categoría masculina. Nesta última categoría resúltalles máis complicado competir e acadar bos postos dado que compiten con outros nenos e nenas un ano maiores que eles.
O máis importante de todo e o que máis nos gusta ós mestres de educación física do cole é que todos o pasaron ben, que o fixeron o mellor que foron capaces e que o seu comportamento foi bo. Muitos dos nosos alumnos contaron ademais co apoio das súas familias que acudiron ó campo a velos e darlles ánimos. Noraboa a tódolos nosos alumnos pola carreira realizada.
Ver máis...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



































































