sábado, 27 de enero de 2018

Intercomarcal de campo a través

Onte tivo lugar en Noia, nas instalacións do campo de fútbol de Santa Isabel, a proba correspondente á fase intercomarcal de campo a través, onde participaban colexios, institutos e clubes de atletismo  das comarcas da Costa da Morte, Muros-Noia e do Barbanza. Do noso colexio clasificaran na proba comarcal os equipos benxamín, alevín e intantil femininos e o equipo alevín masculino. Dun total de 23 alumnos inscritos foron á carreira dezasete.
As primeiras participantes foron as nenas do equipo benxamín feminino (Aldara, Helena, Sara e Xana, posto que finalmente Shaila non correu). Foi a primeira das carreiras e completaron un percorrido de 500 metros.
Despois de disputarse a proba benxamín masculina, foi o turno das nenas de categoría alevín feminino, que completaron 600 metros de distancia. Nesta carreira participaron catro nenas: Ethel, Érika, Iris e Lorena.
Na seguinte carreira, os nenos alevíns masculinos correron 800 metros e acabaron moi cansos. Certamente o nivel era alto e polo tanto o esforzo realizado por todos e todas as participantes foi moi grande. Os nosos atletas foron Antón, Anxo, Brais e Unai.
Finalmente as últimas participantes do cole foron a nenas do equipo infantil feminino: Arwen, Carla, María Luz e Lúa. Fixeron a mesma carreira que os alevíns masculinos, coa dificultade que a parte do percorrido que transcurría por terreo estaba completamente embarrado, xa que a medida que ían transcurrindo as probas o estado ía empeorando.
Ademais destes alumnado tamén participaron alumnas do colexio que compiten co clube de atletismo Olimpia: Eire (en categoría benxamín feminino); Aroa (en categoría alevín feminino) e Noa e Sonia (en categoría infantil feminino). Todas elas conseguiron moi boas marcas e acadaron medalla.
Os mestres de educación física queremos felicitar e dar a noraboa a todos os participantes e agradecemos a entrega do noso alumnado, competindo con outros nenos e nenas de gran nivel.
Tamén felicitar ós nosos compañeiros de Olimpia, que acadou podium individual e por equipos en practicamente a totalidade das categorías; asi coma os compañeiros do colexio Manuela Rial, que clasificou o equipo cadete masculino en primeira posición.
A continuación podedes ver algunhas fotos da proba:

















No hay comentarios:

Publicar un comentario