sábado, 26 de enero de 2019

Intercomarcal de campo a través

Onte celebrouse en Porto do Son, no campamento Virxe de Loreto, a proba correspondente á fase intercomarcal de campo a través, na que participaban os escolares de categorías benxamín, alevín, infantil e cadete que previamente clasificaron nas fases comarcais da Costa da Morte e do Barbanza. En total preto de 700 nenos e nenas que se deron cita nesta fase.
As boas condicións meteorolóxicas facilitaron un pouco as carreiras que transcurrían por camiños entre árbores, que en caso de choiva estarían esvaradizos e barrentos. Aínda asi as continuas pendentes, que sen ser moi pronunciadas si desgastaban os atletas, facían un percorrido bonito para presenciar.
O noso colexio participaba en tódalas categorías ata infantil. Comezaron a proba as nenas de categoría benxamín feminino percorrendo 500 metros de distancia, para a continuación os nenos da mesma categoría repetiran a mesma carreira. Posteriormente celebrouse a carreira alevín feminino cunha distancia de 600 metros, realizando logo a proba os nenos da mesma categoría e correndo 800 metros. Posteriormente tivo lugar a proba infantil feminino, que repetiu distancia cos nenos da anterior categoría e protagonizando a proba de maior cantidade de caídas: primeiro unha nena do noso colexio caeu xusto ó comezar a proba, e uns metros máis adiante produciuse outra caída en cadea na que tocaron chan seis nenas. Os últimos en participar foron os nenos de categoría infantil masculino, que realizaron unha distancia de 1.200 metros.
Destacar o esforzo de tódolos nenos e nenas participantes polo nivel amosado nas probas ante outros nenos e nenas de entidade e de clubes de atletismo. Asimesmo felicitar a Lois polo seu segundo posto na categoría benxamín masculino e unha mención especial a un exalumno, Miguel, que corre na AD Olimpia e se proclamou vencedor da súa categoría, nun final moi axustado que se decidiu na liña de meta. 















No hay comentarios:

Publicar un comentario