El 80% de los adolescentes del mundo no hace el ejercicio mínimo recomendado
Onte a OMS (Organización Mundial Saúde) publicou o maior estudo realizado sobre actividade física e deporte nos xóvenes do mundo. Os resultados son moi preocupantes, o 80% dos xóvenes entre 11 e 17 anos non realizan a actividade física diaria recomendada.
A OMS determina que o recomendable é realizar unha hora diaria de movemento e actividade física, neste estudo realizado en máis de 145 países, a meirande parte dos xóvenes non alcanzan este tempo recomendado.
Os niveis de obesidade, sedentarismo, enfermidades relacionadas con esta falta de exercicio ou os malos hábitos alimenticios, son un problema que debemos analizar e inculcar dende moi pequenos, a nosa saúde agradeceráoo.
O deporte e actividade física é saúde!
Ver máis...
Benvidos ao blogue da área de Educación Física do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí vos informaremos de actividades que facemos co noso alumnado, propostas para facer exercicio e recomendacións para levar un vida saudable.
sábado, 23 de noviembre de 2019
lunes, 18 de noviembre de 2019
Campaña de Inverno 2020
O próximo 4 de Decembro remata o prazo de solicitude para a campaña de esquí que promove o concello de Cee en colaboración coa Deputación da. Coruña. Para máis información botade un ollo a páxina web do concello https://cee.gal/es/actualidade/campana-de-esqui-2020/5294/ ou na oficina do servizo de deportes.
Ver máis...
Ver máis...
martes, 12 de noviembre de 2019
RÉTANNOS AO BRILÉ!
A celebración do Magosto non só foi comer castañas e pasar un rato agradable cos nos nosos compañeiros/as, tamén tivo a súa parte deportiva. O alumnado de 6º retou aos mestres e mestras a xogar unhas partidas ao brilé. O resto dos cursos animaron nas bancadas, uns aos seus compañeiros e outros aos mestres.
Ver máis...
O resultado non era o importante, as risas e o bo ambiente estiveron presentes en todo momento.
Non sabemos se desfrutamos máis os mestres ou os pequen@s!
jueves, 7 de noviembre de 2019
PROGRAMACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL 19-20
Retomamos o contido do blogue de Educación Física, aquí vos deixamos a programación deportiva do concello de Cee para este curso 19-20.
Outra das actividades ofertadas na nosa zona é a escola de tenis, o Clube de Tenis a Xunqueira de Cee en colaboración co servizo municipal de deportes, inicia neste mes de Novembro as súas actividades no pavillón municipal de Brens.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)