domingo, 24 de febrero de 2013

Campionato galego de campo a través

Xan Insua Miñones participou este sábado no campionato galego de cross escolar. A competición tivo lugar no campo de golf do Hotel Balneario de Guitiriz. Xan competiu na categoría alevín masculino, completando un percorrido de 1.920 metros. Na saída conseguiu colocarse nos primeiros postos, pero xa dende este momento o neno finalmente vencedor da carreira comezou a sacar distancia dos demais competidores.

Xan avanza no 6º posto deste grupo
Durante toda a proba, agás este rapaz, houbo un grupo dus 15 nenos que foron enfilados e intercambiando posicións. Neste grupo foi Xan en todo momento, entre os postos 7 e 10, e finalmente rematou no posto decimoterceiro.
Hai que destacar a gran carreira realizada por Xan, por rematar en tan bo posto nunha final galega, cun nivel dos participantes moi alto. Noraboa Xan.
Clasificacións Ver máis...

domingo, 17 de febrero de 2013

Fase Provincial de campo a través

Este sábado disputouse en Acea da Ma, Culleredo, a proba correspondente á fase provincial de Campo a través. Do nosos colexio participaron tres nenos: Carlos Pais Costa, Nicolás Filloy Montesino e Xan Insua Miñones.
Carlos e Nicolás foron os primeiros en participar, na proba benxamín masculino realizando un percorrido de 700 metros. Os dous saíron no medio do pelotón e foron adiantando posicións ata rematar Carlos en oitava posición e Nicolás no posto 26. Para a categoría benxamín esta era a derradeira proba da competición.


Xan disputou a carreira alevín masculino realizando dúas veces un percorrido de 865 metros para completar os 1730 metros establecidos. A súa saída foi moi boa e rapidamente se situou nos primeiros postos (tal e como podedes ver na seguinte imaxe, Xan avanza pola parte dereita do grupo). 


Ó longo da primeira volta chegou a encabezar o grupo e mesmo na primeira parte da segunda volta, pero na parte final outros nenos conseguiron adiantalo e rematou no sexto posto. Ó quedar tan ben clasificado, vai a participar o vindeiro sábado na fase autonómica que terá lugar en Guitiriz, Lugo.
Noraboa ós tres nenos polo ben que o fixeron, tendo en conta o nivel que había en tódalas probas, dado que están xa na fase provincial.

Clasificacións

Ver máis...

miércoles, 30 de enero de 2013

Fase Intercomarcal de campo a través

O pasado venres disputáronse no campo de fútbol de A Alta, na Pobra do Caramiñal, as carreiras de campo a través correspondentes á fase intercomarcal en categorías dende benxamíns ata cadetes. Estaban presentes os nenos e nenas clasificados das comarcas da Costa da Morte, Noia e Barbanza.
Do noso colexio participaron un total de 25 alumnos e alumnas, que fixeron moi boas carreiras tendo en conta o nivel dos participantes, principalmente os clubes de atletismo de Noia. Incluso Carlos Pais, en categoría benxamín masculino; e Xan Insua, en categoría alevín masculino conseguiron vencer na súa categoría. No seguinte enlace podedes ver as clasificacións tanto individuais coma por equipos. Clasificacións
Os resultados dos nosos atletas foron os seguintes:
Benxamín feminino: Xiana (33), Bistra (34),Uxía (35), Xela (43), Lucía (51) e Desirée (52).
Benxamín masculino: Carlos (1), Nicolás (11), Samuel (17), Daniel (26), Jorge (40) e Ángel.
Alevín feminino: Marta (5), Lucía (22), Aroa (33, non aparece o nome na clasificación debido a algún erro), Manuela (34), Carmen (38) e Inés (42).
Alevín masculino: Xan (1), Berto (4), Adrián (35), Leo (41), Santi (44) e Pablo (55).
Infantil feminino: Andrea (24).






Clasifican para a fase provincial o equipo benxamín masculino, como primeiro clasificado por equipos; a nivel indiviual clasifican Marta, en categoría alevín feminino; e Xan e Berto, en categoría alevín masculino.
Os mestres de educación física queremos felicitar a todos os nenos e nenas do colexio que foron á carreira polo ben que o fixeron e recoñemos o esforzo que realizaron na proba. Ademais os resultados son mérito única e exclusivamente deles, pois nós non adestramos nin preparamos para nada estas probas e simplemente facilitamos a participación e acompañámolos. Tamén hai que destacar que algúns dos nenos este ano comezaron a adestrar co clube "Olimpia" da nosa vila, e que neste caso si que apréciase tanto o traballo de Jorge (o adestrador) coma dos nenos e nenas que adestran: Marta, Lucía, Inés e Xan.
Ver máis...