domingo, 19 de febrero de 2017

Provincial de campo a través

Onte tivo lugar na Pobra do Caramiñal, nun  parque situado a carón da praia de Cabío, a proba correspondente á fase provincial de campo a través. Do noso colexio participiou Iván en categoría alevín masculino; ademais de Eire (categoría benxamín feminino), Antía, Aroa, Candela, Noa e Sonia (categoría alevín feminino), todas estas nenas do Clube de Atletismo Olimpia. O circuíto polo que transcurrían as carreiras tiña pequenas pendentes tanto de subida coma de baixada e a mañá estivo ideal para a práctica deportiva.
Eire percorreu 700 m., o equipo alevín feminino percorreu 1200 m. e Iván percorreu 1600 m. de distancia. Todos o fixeron ben, tendo en conta o nivel que hai nunha fase provincial, onde están os nenos e nenas máis rápidos da provincia, con clubes de atletismo de contrastado nivel. Polo tanto felicitacións para todos os nenos e nenas que puideron vivir esta experiencia e competir con outros compañeiros de muitísimo nivel.
As outras entidades do concello (Olimpia e o colexio Manuela Rial) tamén conseguiron bos resultados cos participantes que clasificaran.


Ver máis...

sábado, 28 de enero de 2017

Intercomarcal de campo a través

Onte celebrouse en Outes, no parque Horta do Muíño, a proba correspondente á fase intercomarcal de campo a través, coa participación de 25 alumnos do colexio entre os que participan co cole e coa agrupación Olimpia.
A xornada estivo marcada pola persistente chuvia, que se ben non foi mui intensa, non parou en ningún momento da competición. Isto supuxo unha verdadeira dificultade para os atletas, porque o chan estaba completamente encharcado ó comezar e a medida que iban transcurrindo as carreiras, todo quedou completamente embarrado e os esvaróns e caídas sucedéronse. Foi o único negativo, porque de estar bo día o lugar era moi adecuado para practicar este deporte.
Comezaron competindo as nenas de categoría alevín feminino que percorreron 500 m. de distancia, onde corría Eire, de Olimpia, quedando clasificada xunto coas súas compañeiras no 2º posto por equipos.
A continuación foi o turno dos nenos da mesma categoría co mesmo percorrido, un equipo formado por Aimar, Álex, Mateo, Xabier e Yzan. Unha mala saída onde quedaron un pouco rezagados impediulles acadar mellores posicións porque nunha distancia tan curta (500 m.) e sen apenas recorrido recto resulta complicado escalar posicións. Ainda asi fixérono moi ben.
Na proba alevín feminino participaron Carla, co cole; e Antía, Aroa, Candela, Noa e Sonia, con Olimpia e percorreron unha distancia de 600 m.Todas fixeron moi boa carreira e neste caso as nenas de Olimpia quedaron clasificadas no 1º posto por equipos.
Despois foi o turno dos nenos alevíns e o equipo estaba formado por Antón, David, Iván Blanco, Iván Villar, Mauro e Xián. O percorrido foi de 800 m. e as condicións do terreo continuaban empeorando. Neste caso tamén o fixeron moi ben, quedando nos primeiros postos, e Iván Blanco, como 8º clasificado individual participará na proba provincial.
As últimas participantes do colexio foron as nenas do equipo infantil feminino formado por Nerea, Noa e Pamela, que percorreron tamén 800 m. As tres quedaron ben clasificadas, arredor do posto 20.
Nesta fase o nivel increméntase moito con respecto á fase comarcal, e aínda asi todos e todas as participantes o fixeron moi ben e puideron medir o seu nivel contra nenos doutros colexios e de clubes de atletismo. Polo tanto noraboa a todos e a todas.
No referente á nosa vila, había moitos participantes: de Olimpia, do colexio Manuela Rial e do noso colexio. E das tres entidades houbo algún clasificado, e de feito o clube Olimpia foi o que sobresaiu entre a totalidade de entidades participantes. 




Ver máis...

miércoles, 28 de diciembre de 2016

PLAN PROXECTA

O CEIP Eugenio López foi admitido no Plan Proxecta co programa centros activos e saudables.
 Noraboa!
PLAN PROXECTA Ver máis...

martes, 20 de diciembre de 2016

Resultados do comarcal de campo a través

No seguinte enlace podedes ver os resultados dos nenos e nenas participantes na proba de campo a través do pasado venres. Clasifican para a fase intercomarcal os 8 primeiros clasificados individuais e os dous mellores equipos.

Clasificacións Ver máis...

sábado, 17 de diciembre de 2016

Campo a través

Onte tivo lugar, como vén acontecendo os últimos anos, a proba de campo a través correspondente á fase comarcal que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte co programa Xogade. Estaban inscritos un total de 958 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos das seguintes entidades: Agrupación Deportiva Olimpia, IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces, Colexio Manuela Rial Mouzo e CEIP Eugenio López de Cee; IES Terra de Soneira, CEIP San Vicenzo e CEIP de Baíñas de Vimianzo; CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; CEIP Santa Eulalia de Dumbría; Colexio Nosa Señora do Carme de Fisterra; CEIP Virxe da Barca de Muxía; IES Pedra da Aguia de Camariñas; CPI Xosé Pichel de Coristanco e CPI Cabo da Area de Laxe. Do noso colexio estaban inscritos máis de sesenta nenos entre os participante co centro e os participante coa agrupación deportiva Olimpia, pero catro deles non puideron acudir á proba por motivos de saúde. A mañá estivo estupenda con sol e boa temperatura pero o terreo estaba mollado e esvaradizo debido á chuvia do día anterior. O campo de céspede artifical drena ben e non se notaba demasiado, pero na parte do percorrido que transcurría pola herba natural a medida que ían pasando as carreira empeoraba o seu estado. Comezaron correndo as nenas de categoría benxamín feminino realizando un percorrido de 500 metros e posteriormente serían os nenos da mesma categoría os que realizaron o mesmo percorrido. Estes alumnos foi a primeira vez que participaban nesta competición e estaban moi ilusionados. Fixérono todos e todas moi ben e mesmo algúns e algunhas conseguiron medalla. A continuación foi o turno das nenas de categoría alevín feminino que percorreron 600 metros. Tamén o fixeron xenial e igual que no caso anterior algunha coseguiu medalla tanto as que participaron co cole como as que o fixeron con Olimpia. Os nenos de categoría alevín masculino (de 4º e 5º curso de Primaria) e as nenas de categoría infantil feminino (nenas de 6º de Primaria e de 1º da ESO ) percorreron 800 metros. A dificultade que teñen os nenos e nenas destas categorías é que algúns deles e delas compiten con outros rapaces e rapazas que teñen un ano máis, e isto claramente inflúe na proba porque a altura, a zancada e o grao de desenvolvemento motor é diferente. Pero o bo é que coñecen o percorrido para o vindeiro ano e tamén aprenden a competir con nenos e nenas que teñen maior nivel. Os derradeiros participantes do colexio foron os nenos de categoría infantil masculino que están en 6º curso de Primaria e compiten cos nenos de 1º da ESO. A distancia percorrida foi de 1200 metros e despois da carreira acabaron esgotados porque a distancia é bastante máis esixente. Igual que nos casos anteriores todos o fixeron ben e hai que valorarlles o esforzo realizado para manter un ritmo de carreira máis ou menos constante durante o transcurso da mesms. Os mestres do colexio queremos felicitar a todos os participantes e en especial ós que foron do colexio tanto con nós coma con Jorge e Olimpia (quen fai un gran traballo cos rapaces e os resultads que acada son moi bos) pola ilusión que teñen por participar e as gañas e esforzo que realizan. E consideramos que é bo para eles tamén ademais de pasalo ben e divertirse, compararse con outros nenos e nenas das súas idades e ver que sempre vai haber nenos e nenas que corren igual que eles, outros que son máis rápidos e outros que menos, pero o importante é facelo o mellor que un é capaz (e eso dende logo que todos e todas o fan). Aqui podedes ver varias fotografías: o equipo benxamín feminino, o equipo infantil masculino e a foto de tódolos participantes co colexio.
Ver máis...

martes, 13 de diciembre de 2016

Tenis de mesa

Hoxe recibímola visita de cinco persoas que nos viñeron a ensinar como se xoga ó tenis de mesa ós cursos 4ºC, 5ºA e 6ºA. Os monitores eran Estevo, Miguel Ángel, Nuria, Valeriy e Tikoof (non sei se este nome está ben escrito). Comezamos con Estevo sinalándonos por que a raqueta ten dúas cores, e é que o gravado é distinto nas dúas caras da pala e o golpeo que se realiza coas mesmas tamén (nun caso a pelota gaña altura e noutra sae cara abaixo). Logo aprendemos como se colle a raqueta, tal e como decía Valeriy, igual que unha pistola. Despois de realizar uns exercicios de manexo e golpeo da pelota individualmente, formamos cinco filas para practicar golpeos cos cinco responsables que nos ensinaron un montón de cousas. Para rematar puidemos disfrutar do xogo observando ós dous rusos que realizaban golpeos moi rápidos, de feito alucinamos coa velocidade coa que golpeaban e se movían. A continuación podedes ver algunhas imaxes do que fixemos. Se vos gusta este deporte podedes achegarvos a Corcubión onde dan clases os luns e os xoves de 18:00 a 19:00.
Ver máis...

domingo, 31 de enero de 2016

Intercomarcal de campo a través

O pasado venres celebrouse no campamento Virxe de Loreto, en Porto do Son, a proba intercomarcal de campo a través no que participaban os nenos e nenas das comarcas da Costa da Morte, do Barbanza, e mesmo colexios de Coristanco e de Negreira. Da nosa vila participamos os colexios Manuela Rial e o noso, o Eugenio López, o IES Agra de Raíces e a Agrupación Deportiva Olimpia.
Nós tiñamos clasificados cinco equipos das categorías benxamín masculino e feminino, alevín masculino e feminino e infantil feminino; e foron un total de 25 nenos e nenas. Ademais cinco alumnos participaron con Olimpia en categoría infantil masculino e en infantil feminino.
A dureza do percorrido (que tiña unhas cantas pendentes e o firme non era uniforme), xunto co nivel dos outros colexios e clubes de atletismo fixo que as probas fosen bastante duras e aínda que as distancias se mantiñan practicamente coas da proba comarcal o nivel foi moito máis alto e o cansanzo dos participantes tamén.
Novamente queremos felicitar a tódolos nenos e nenas que acudiron á proba e en especial ós nosos alumnos, porque o esforzo que realizaron ten mérito. Ademais un neno de categoría alevín masculino, Rubén Caamaño Velo, quedou séptimo na súa proba e clasifica para a fase provincial.
Noraboa a todos vós, rapaces!

Ver máis...