O pasado venres celebrouse no campamento Virxe de Loreto, en Porto do Son, a proba intercomarcal de campo a través no que participaban os nenos e nenas das comarcas da Costa da Morte, do Barbanza, e mesmo colexios de Coristanco e de Negreira. Da nosa vila participamos os colexios Manuela Rial e o noso, o Eugenio López, o IES Agra de Raíces e a Agrupación Deportiva Olimpia.
Nós tiñamos clasificados cinco equipos das categorías benxamín masculino e feminino, alevín masculino e feminino e infantil feminino; e foron un total de 25 nenos e nenas. Ademais cinco alumnos participaron con Olimpia en categoría infantil masculino e en infantil feminino.
A dureza do percorrido (que tiña unhas cantas pendentes e o firme non era uniforme), xunto co nivel dos outros colexios e clubes de atletismo fixo que as probas fosen bastante duras e aínda que as distancias se mantiñan practicamente coas da proba comarcal o nivel foi moito máis alto e o cansanzo dos participantes tamén.
Novamente queremos felicitar a tódolos nenos e nenas que acudiron á proba e en especial ós nosos alumnos, porque o esforzo que realizaron ten mérito. Ademais un neno de categoría alevín masculino, Rubén Caamaño Velo, quedou séptimo na súa proba e clasifica para a fase provincial.
Noraboa a todos vós, rapaces!
No hay comentarios:
Publicar un comentario