No seguinte enlace podedes ver os resultados dos nenos e nenas participantes na proba de campo a través do pasado venres. Clasifican para a fase intercomarcal os 8 primeiros clasificados individuais e os dous mellores equipos.
Clasificacións
Ver máis...
Benvidos ao blogue da área de Educación Física do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí vos informaremos de actividades que facemos co noso alumnado, propostas para facer exercicio e recomendacións para levar un vida saudable.
martes, 20 de diciembre de 2016
sábado, 17 de diciembre de 2016
Campo a través
Onte tivo lugar, como vén acontecendo os últimos anos, a proba de campo a través correspondente á fase comarcal que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte co programa Xogade. Estaban inscritos un total de 958 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos das seguintes entidades: Agrupación Deportiva Olimpia, IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces, Colexio Manuela Rial Mouzo e CEIP Eugenio López de Cee; IES Terra de Soneira, CEIP San Vicenzo e CEIP de Baíñas de Vimianzo; CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; CEIP Santa Eulalia de Dumbría; Colexio Nosa Señora do Carme de Fisterra; CEIP Virxe da Barca de Muxía; IES Pedra da Aguia de Camariñas; CPI Xosé Pichel de Coristanco e CPI Cabo da Area de Laxe. Do noso colexio estaban inscritos máis de sesenta nenos entre os participante co centro e os participante coa agrupación deportiva Olimpia, pero catro deles non puideron acudir á proba por motivos de saúde.
A mañá estivo estupenda con sol e boa temperatura pero o terreo estaba mollado e esvaradizo debido á chuvia do día anterior. O campo de céspede artifical drena ben e non se notaba demasiado, pero na parte do percorrido que transcurría pola herba natural a medida que ían pasando as carreira empeoraba o seu estado. Comezaron correndo as nenas de categoría benxamín feminino realizando un percorrido de 500 metros e posteriormente serían os nenos da mesma categoría os que realizaron o mesmo percorrido. Estes alumnos foi a primeira vez que participaban nesta competición e estaban moi ilusionados. Fixérono todos e todas moi ben e mesmo algúns e algunhas conseguiron medalla.
A continuación foi o turno das nenas de categoría alevín feminino que percorreron 600 metros. Tamén o fixeron xenial e igual que no caso anterior algunha coseguiu medalla tanto as que participaron co cole como as que o fixeron con Olimpia.
Os nenos de categoría alevín masculino (de 4º e 5º curso de Primaria) e as nenas de categoría infantil feminino (nenas de 6º de Primaria e de 1º da ESO ) percorreron 800 metros. A dificultade que teñen os nenos e nenas destas categorías é que algúns deles e delas compiten con outros rapaces e rapazas que teñen un ano máis, e isto claramente inflúe na proba porque a altura, a zancada e o grao de desenvolvemento motor é diferente. Pero o bo é que coñecen o percorrido para o vindeiro ano e tamén aprenden a competir con nenos e nenas que teñen maior nivel.
Os derradeiros participantes do colexio foron os nenos de categoría infantil masculino que están en 6º curso de Primaria e compiten cos nenos de 1º da ESO. A distancia percorrida foi de 1200 metros e despois da carreira acabaron esgotados porque a distancia é bastante máis esixente. Igual que nos casos anteriores todos o fixeron ben e hai que valorarlles o esforzo realizado para manter un ritmo de carreira máis ou menos constante durante o transcurso da mesms.
Os mestres do colexio queremos felicitar a todos os participantes e en especial ós que foron do colexio tanto con nós coma con Jorge e Olimpia (quen fai un gran traballo cos rapaces e os resultads que acada son moi bos) pola ilusión que teñen por participar e as gañas e esforzo que realizan. E consideramos que é bo para eles tamén ademais de pasalo ben e divertirse, compararse con outros nenos e nenas das súas idades e ver que sempre vai haber nenos e nenas que corren igual que eles, outros que son máis rápidos e outros que menos, pero o importante é facelo o mellor que un é capaz (e eso dende logo que todos e todas o fan).
Aqui podedes ver varias fotografías: o equipo benxamín feminino, o equipo infantil masculino e a foto de tódolos participantes co colexio.
Ver máis...
martes, 13 de diciembre de 2016
Tenis de mesa
Hoxe recibímola visita de cinco persoas que nos viñeron a ensinar como se xoga ó tenis de mesa ós cursos 4ºC, 5ºA e 6ºA. Os monitores eran Estevo, Miguel Ángel, Nuria, Valeriy e Tikoof (non sei se este nome está ben escrito). Comezamos con Estevo sinalándonos por que a raqueta ten dúas cores, e é que o gravado é distinto nas dúas caras da pala e o golpeo que se realiza coas mesmas tamén (nun caso a pelota gaña altura e noutra sae cara abaixo). Logo aprendemos como se colle a raqueta, tal e como decía Valeriy, igual que unha pistola. Despois de realizar uns exercicios de manexo e golpeo da pelota individualmente, formamos cinco filas para practicar golpeos cos cinco responsables que nos ensinaron un montón de cousas. Para rematar puidemos disfrutar do xogo observando ós dous rusos que realizaban golpeos moi rápidos, de feito alucinamos coa velocidade coa que golpeaban e se movían. A continuación podedes ver algunhas imaxes do que fixemos. Se vos gusta este deporte podedes achegarvos a Corcubión onde dan clases os luns e os xoves de 18:00 a 19:00.
Ver máis...
domingo, 31 de enero de 2016
Intercomarcal de campo a través
O pasado venres celebrouse no campamento Virxe de Loreto, en Porto do Son, a proba intercomarcal de campo a través no que participaban os nenos e nenas das comarcas da Costa da Morte, do Barbanza, e mesmo colexios de Coristanco e de Negreira. Da nosa vila participamos os colexios Manuela Rial e o noso, o Eugenio López, o IES Agra de Raíces e a Agrupación Deportiva Olimpia.
Nós tiñamos clasificados cinco equipos das categorías benxamín masculino e feminino, alevín masculino e feminino e infantil feminino; e foron un total de 25 nenos e nenas. Ademais cinco alumnos participaron con Olimpia en categoría infantil masculino e en infantil feminino.
A dureza do percorrido (que tiña unhas cantas pendentes e o firme non era uniforme), xunto co nivel dos outros colexios e clubes de atletismo fixo que as probas fosen bastante duras e aínda que as distancias se mantiñan practicamente coas da proba comarcal o nivel foi moito máis alto e o cansanzo dos participantes tamén.
Novamente queremos felicitar a tódolos nenos e nenas que acudiron á proba e en especial ós nosos alumnos, porque o esforzo que realizaron ten mérito. Ademais un neno de categoría alevín masculino, Rubén Caamaño Velo, quedou séptimo na súa proba e clasifica para a fase provincial.
Noraboa a todos vós, rapaces!
lunes, 7 de diciembre de 2015
Resultados da proba de campo a través
No seguinte enlace podedes ver as clasificacións das carreiras de campo a través correspondentes á fase comarcal disputadas no estadio San Paio de Refoxos en Cee. Clasifican para a fase intercomarcal os oito primeiros individuais e os dous mellores equipos. Polo tanto do noso colexio clasifican os equipos benxamin e alevín tanto masculino coma feminino e tamén o equipo infantil feminino e poden ir seis alumnos en cada equipo.
Resultados Ver máis...
Resultados Ver máis...
domingo, 6 de diciembre de 2015
Campo a través en Cee
O pasado venres celebrouse no Estadio San Paio de Refoxos (como vén sendo habitual nestes últimos anos o primeiro venres de Decembro) o campionato comarcal de campo a través que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte a través do programa XOGADE. Preto de 1000 participantes déronse cita, nenos e nenas de: CEIP Eugenio López e Manuela Rial Mouzo de Cee; CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; CEIP Santa Eulalia de Dumbría; CEIP Virxe da Barca de Muxía; CEIP San Vicenzo e CEIP Baíñas de Vimianzo; CEIP Canosa Rus de Coristanco; CPI Cabo da Area de Laxe; CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco; IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco de Cee; IES Terra de Soneira de Vimianzo; IES Pedra da Aguia de Camariñas; e o clube de atletismo da nosa vila, a Asociación Deportiva Olimpia de Cee.
Do noso colexio participaron 74 alumnos (dos cales 12 fixérono coa Asociación Deportiva Olimpia) en categorías benxamín, alevín e infantil masculino e feminino. Estivo unha mañá moi boa para as probas e todos e todas fixérono moi ben, de ahí a nosa felicitación a tódolos participantes, en especial ós nenos e nenas do colexio pola ilusíón coa que participan e o esforzo que realizan, independentemente dos resultados acadados. Algúns dos nosos alumnos mesmo gañaron unha medalla e incluso Rubén Caamaño venceu na carreira da súa categoría, a proba alevín masculina.
Foron moi bos os resultados do clube Olimpia, que cada ano conta con maior número de integrantes e o esforzo destes nenos unido ó traballo realizado por Jorge Lariño póñense de manifesto tanto nestas probas como nas carreiras populares nas que participan.
Nos vindeiros días poremos os resultados. Os oito primeiros clasificados de cada categoría e os dous mellores equipo pasan á fase intercomarcal.
Ver máis...
viernes, 23 de enero de 2015
Carreira intercomarcal de campo a través
Hoxe celebrouse no campamento xuvenil Virxe de Loreto en Porto do Son a proba da fase intercomarcal de campo a través para as comarcas da Costa da Morte e do Barbanza. Do noso colexio había clasificados dezanove nenos e nenas dos cales participaron dezaseis. A maiores algúns compañeiros do cole tamén correron co clube de atletismo da nosa vila, o Olimpia. Nesta fase a dificultade das probas increméntase moito porque as distancias a correr son maiores e os compañeiros cos que corremos teñen tamén un nivel moi alto, de feito moitos deles corren e adestran en clubes de atletismo. Ainda asi unha vez máis, tódolos nenos e nenas que participaron do cole fixérono verdadeiramente ben e incluso algúns, tan ben que conseguiron subir ó podio e mesmo clasificar para a seguinte fase, correspondente á fase provincial.
Comezaron correndo as nenas de categoría benxamín feminino, onde Carla quedou en oitavo lugar e clasifica para a seguinte fase. As outras compañeiras Alba, Ainhoa e Candela tamén o fixeron moi ben, e tanto é asi que quedaron terceiras clasificadas por equipos e subiron ó podio, onde recibiron cadansúa medalla e o trofeo de terceiras clasificadas da categoría.
Nas seguintes imaxes podemos ver a estas nenas diante da cámara de chamadas, previa á saída; e a continuación no podio.

A continuación foi o turno do nenos benxamíns masculinos onde competiron: Daniel, Gabriel, Mauro e Yago. Percorreron a mesma distancia que as nenas e ó igual que elas tamén o fixeron moi ben. Neste caso os que quedaron mellor clasificados foron Mauro (3º) e Daniel (8º), que van á fase provincial.
Aqui están os nenos desta categoría xusto antes de tomar a saída e Mauro no terceiro escalón do podio.
Xela foi a única representante individual do colexio, posto que os demais nenos e nenas clasificaron en Cee por equipos. Na súa categoría, a alevín feminina, a distancia era aínda maior e o nivel tamén moi alto. Xela fixo un bo esforzo e rematou a proba nun bo posto.
E por último competiron os nenos alevíns masculinos con Álex, Carlos, Daniel, Miguel, Rubén e Yerai. A distancia unha vez máis era maior que nas anteriores categorías e de novo o fixeron moi ben, mesmo correndo agrupados. Rubén e Yerai quedaron 9º e 10º respectivamente; a continuación entrou en meta Carlos arredor do posto 20º; e posteriormente entraron os outros tres nenos á vez: Miguel, Álex e Daniel, nos postos 42º, 43º e 44º.
Nesta última fotografía podemos ver a tódolos nenos e nenas do cole que foron a correr hoxe, agás Candela, que marchou un pouco antes. Noraboa a todos e todas polo ben que fixestes as carreiras e o esforzo que realizastes.
Tamén queremos felicitar ós nenos e nenas do Olimpia que acadaron uns excelentes resultados en tódalas categorías, e Lucía, Ana e Marta xuntos coas súas compañeiras acadaron tamén o terceiro posto por equipos e conseguiron cadansúa medalla e un trofeo.
Os outros compañeiros de viaxe foron os alumnos e alumnas do IES Agra de Raíces, onde corrían antigos alumnos do cole e tamén os temos que felicitar porque tamén gañaron medalla e quedaron primeiros por equipos.
Noraboa a todos e a todas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















