lunes, 25 de mayo de 2020

RETOS EN FAMILIA

Bo día chic@s!

Recibimos moitos correos coas vosas fotos facendo exercicio ao aire libre, moi ben continuade así! Os que non vos animastes a mandar a vosa foto aínda estades a tempo, ampliamos un par de días máis o prazo. A finais desta semana subiremos ao blogue o mural con todas as vosas fotos.

Esta semana vos propoñemos unha canle de Youtube para facer retos en familia. Tedes retos de tódolos tipos, con diversos materiais, para facer en solitario ou en familia, retos sinxelos e outros máis complicados... Botádelle un vistazo e facede os que máis os gusten.
Cada día suben retos novos, están moi ben!

Continuade facendo un pouco de exercicio físico todos os días e tamén coidade a alimentación, desta maneira seguiremos crecendo sans e fortes!

Moito ánimo e un saúdo!


Ver máis...

lunes, 18 de mayo de 2020

MOVÉMONOS AO AIRE LIBRE

Bo día!

Que gañas tiñamos de que fixera bo tempo, verdade? E agora que podemos saír un pouquiño máis das nosas casas, agradécese que non chova e poidamos gozar xogando ao aire libre e dando paseos coa nosa familia.

A actividade que propoñemos esta semana, ten relación co bo tempo que nos agarda.

QUE ACTIVIDADE TEMOS QUE FACER?

Calquera actividade física ao aire libre: montar en bicicleta, pasear, xogar ao fútbol, xogar coa raqueta, saltar á comba, saír co patinete... A que vós queirades!

QUE TEMOS QUE MANDAR?

Temos que mandar unha foto xogando ou realizando actividade física ao aire libre.
A dirección do correo é a seguinte:
eugeniolopez.cee@gmail.com ou andres.pazos@edu.xunta.es

QUE IMOS FACER OS MESTRES CON ESAS FOTOS?

Imos facer un mural ou collage con todas esas fotos do alumnado do noso colexio e logo o publicaremos no blogue do cole.
Cal será a aula onde máis nenos e nenas practican actividade física?

CANTO TEMPO TEMOS DE PRAZO PARA MANDAR AS FOTOS?

Podedes mandar as fotos ata o DOMINGO 24 DE MAIO.


Non é unha actividade obrigatoria pero si recomendable, é moi importante continuar facendo actividade física, xogar e pasalo ben. Ademais os mestres botámosvos de menos, é unha maneira de vervos en acción.

Ánimo chic@s! Ver máis...

lunes, 11 de mayo de 2020

XOGOS TRADICIONAIS NA CASA

Bo día!

Que tal vos foi a semana pasada? Xa puidemos saír á rúa e gozar de pequenos paseos e xogar ao aire libre, semella que a situación vai mellorando pero hai que seguir actuando con responsabilidade e tomando as precaucións axeitadas en cada momento. Moito ánimo!

Nesta semana propoñemos un par de actividades dende a área de Educación Física.

A primeira delas ten relación cos xogos que íamos traballar nas sesións de Educación Física nestes días, os xogos tradicionais. Propoñémosvos un test para comprobar os coñecementos que temos sobre esta importante parte da nosa cultura. Podemos pedir axuda aos nosos pais ou avós para responder as preguntas. A ver quen é capaz de acertar todas as preguntas!





A segunda proposta é unha manualidade para crear un xogo tradicional típico da nosa terra,o xogo da rá. Deixámosvos os pasos para crear este xogo.





A última proposta que vos facemos é que preguntedes nas vosas casas que xogos practicaban os vosos pais e avós. Pensade nos xogos que se facían antes e aos que xogades vós agora, hai moitas diferenzas verdade?
Podedes escribir nesta mesma publicación que xogos tradicionais coñecedes, cales eran os que máis lles gustaban aos vosos pais, cales queredes coñecer e practicar...
Animádevos a participar e comentade, estamos esperando as vosas respostas!

Un saúdo dos vosos mestres!

Ver máis...

jueves, 7 de mayo de 2020

RECOPILATORIO RETOS 5º E 6º PRIMARIA

Bo día!

Hoxe vos traemos os retos realizados polo alumnado de 5º e 6º de Primaria nestas semanas de confinamento.
Animádevos a imitar aos vosos compañeiros/as! Non vos esquezades de seguir realizando actividade física e aproveitade para poder pasear e xogar un pouco nos momentos permitidos polas autoridades.

Ánimo rapazada!



Ver máis...

martes, 5 de mayo de 2020

RECOPILATORIO RETOS 1º E 4º PRIMARIA

Bo día!

Hoxe vos traemos os retos que nos mandaron os nenos e nenas de 1º a 4º de Primaria. Hai un pouco de todo: bailes, habilidades ximnásticas, manipulacións, circuitos de coordinación...

Botádello un vistazo e animádevos a intentar imitar aos vosos compañeiros/as.

Podedes comentar nesta publicación cal foi o reto máis complicado, o que máis vos gustou...

Os retos dos maiores serán publicados ao longo desta semana!

Moito ánimo rapazada!

Ver máis...