O pasado sábado celebreouse no parque de Salgueiriñox, en Sa ntiago de Compostela, a proba de campo a través correspondente á fase provincial. Trala suspensión da proba da fase intercomarcal en Noia debido á alerta por temporal, e ó non haber datas dispoñibles para celebrar dita proba, tódolos inscritos pasaron directamente á fase provincial tras unha resolución da Federeacjón Galega de Atletismo.
Do noso colexio había clasificados cinco equipos (benxamíns masculino e feminino, alevíns masculino e feminino e infantil feminino) e un atleta individual (Xan Insua, de categoría infantil masculino). Como esta proba se celebrou en sábado, algúns nenos e nenas non acudiron á proba.
A xornada da proba estivo marcada polo mal tempo (chuvia, frío) e pola falta de instalacións (non había aseos nin vestiarios para ter unhas condicións hixiénicas mínimas). A pesar disto tódolos nenos e nenas disfrutaron da carreira que disputaron con atletas doutros colexios e clubes de atletismo de toda a provincia, tan potentes como osde Noia, Ría de Ferrol, Coruña, Narón, ... e fixérono moi ben.
Os mestres de educación física felicitamos como sempre ós nenos e nenas participantes por facérono moi ben e ter un comportamento para enmarcar, igual que en tódalas ocasións nas que participan nestas probas.
Queremos agradecer tamén a colaboración dos pais e nais que foron a ver ós seus fillos e que nos axudaron a cambiarse, a levalos a aseos e a vixiar do grupo.
Neste enlace podedes ver os resultados da proba: Resultados
No hay comentarios:
Publicar un comentario