Boas!
Recibimos por parte da Secretaría Xeral para o Deporte un baúl moi especial, un baúl cheo de recordos da infancia dos nosos pais e avós, un baúl que nos leva á lembranza dos xogos tradicionais da nosa cultura.
O xogo é un elemento propio de todas as culturas, un transmisor de tradicións que os nosos nenos e nenas deben coñecer para o conservación do noso patrimonio cultural e artístico.
Dende a área de Ed. Física traballamos nas últimas semanas os xogos tradicionais galegos. Botamos un ollo ao pasado e xogamos a xogos como os péons, as canicas, as chapas, a comba, o aro ou os diferentes tipos de chave.
Traballamos de modo cooperativo facendo agrupacións con nenos/as de diferentes cursos, unha maneira diferente de facer Ed. Física que agardamos que lle gustara aos rapaces.
Deixámosvos unhas fotiños desta actividade!
Ver máis...
Benvidos ao blogue da área de Educación Física do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí vos informaremos de actividades que facemos co noso alumnado, propostas para facer exercicio e recomendacións para levar un vida saudable.
lunes, 10 de junio de 2019
sábado, 23 de febrero de 2019
Provincial de campo a través
Onte celebrouse en Noia, no campo de fútbol de San Lázaro, a proba correspondente á fase provincial de campo a través entre centros escolares. Do colexio estaban clasificados Lucía e Lois de categoría benxamín; e o equipo infantil feminino. Era a derradeira fase entre escolares, debido a que este ano diferenciouse entre unha fase provincial entre clubes de atletismo (que permitía clasificar para o campionato galego) e outra entre centros escolares.
Comezou Lucía na carreira benxamín feminino percorrendo unha distancia de 600 metros, e como nesta fase xa se aprecia un nivel moi alto de tódolos participantes, o esforzo por facelo ben é bastante importante, e acabou a carreira en boa posición.
Na seguinte proba, en categoría benxamín masculino, Lois realizou o mesmo percorrido que Lucía e acabou segundo clasificado provincial, un resultado excelente dado o nivel dunha fase na que participan os nenos e nenas máis rápidos da provincia.
As últimas en participar foron as nenas de categoría infantil feminino, na que tan só acudiron á proba Maria Luz e Ethel, que percorreron 900 metros de distancia e que tamén o fixeron moi ben.
Coma sempre, felicitar ós nenos e nenas participantes, pola ilusión que lles fai e polo esforzo que realizan, e valorar que participar nunha fase provincial, tan só ser capaces de clasificarse para iso, xa ten un gran mérito.
Ver máis...
martes, 29 de enero de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















































































