Do noso colexio estaban clasificados os equipos benxamín feminino e masculino, alevín masculino, e da categoría alevín feminino, a alumna Lucía Ramos Pose.
Comezou a proba coa carreira de categoría benxamín feminino, na que as nenas destas idades correron unha distancia de 500 metros.
De esqerda a dereita están as nosas participantes, que finalizaron a proba nos seguintes postos: Ana (44), Xulia (43), Daniela (49), Helena (34) e Noa (65). Na clasificación por equipos remataron no 8º posto.
A continuación, e despois dunha pausa na que agardamos pola chegada dos participantes dun colexio, foi a quenda dos benxamíns masculinos, que efectuaron a mesma carreira que as nenas da súa categoría.
Neste caso, os nosos corredores foron, de esquerda a dereita: Pedro (36), Brais (38), Iago (35), Iker (50) e Gael (56). Na clasificación por equipos remataron no 7º posto.
Logo participou como única alumna do centro da categoría alevín feminina, Lucía, que percorreu unha distancia de 1.000 metros e finalizou a proba no posto 29.
Os nosos derradeiros participantes foron os nenos de categoría alevín masculino, que realizaron a mesma carreira que as nenas da súa idade, 1.000 metros.
De esquerda a dereita: Saúl (34), Lois (4), Félix (59), Iker (29) e Xoel (24) quedaron clasificados no 2º posto por equipos e acudirán o vindeiro venres 6 de febreiro á fase provincial para centros educativos que terá lugar en Carballo.
Destacar coma sempre a ilusión e o esforzo que cada participante pon na carreira, e que serve para pasalo ben, coñecer novos compañeiros e compañeiras, ter unha nova experiencia, competir sabendo das nosas capacidades intentando facelo o mellor posible á vez que conscientes da distancia para rematar correndo, asi coma comparar o noso nivel persoal co doutros nenos e nenas da nosa idade.
E o máis importate de todo, facer grupo e pasalo ben cos nosos compañeiros e compañeiras do cole. Noraboa a todos e todas!
Ver máis...