Onte tivo lugar na Pobra do Caramiñal, nun parque situado a carón da praia de Cabío, a proba correspondente á fase provincial de campo a través. Do noso colexio participiou Iván en categoría alevín masculino; ademais de Eire (categoría benxamín feminino), Antía, Aroa, Candela, Noa e Sonia (categoría alevín feminino), todas estas nenas do Clube de Atletismo Olimpia. O circuíto polo que transcurrían as carreiras tiña pequenas pendentes tanto de subida coma de baixada e a mañá estivo ideal para a práctica deportiva.
Eire percorreu 700 m., o equipo alevín feminino percorreu 1200 m. e Iván percorreu 1600 m. de distancia. Todos o fixeron ben, tendo en conta o nivel que hai nunha fase provincial, onde están os nenos e nenas máis rápidos da provincia, con clubes de atletismo de contrastado nivel. Polo tanto felicitacións para todos os nenos e nenas que puideron vivir esta experiencia e competir con outros compañeiros de muitísimo nivel.
As outras entidades do concello (Olimpia e o colexio Manuela Rial) tamén conseguiron bos resultados cos participantes que clasificaran.