Xa están dispoñibles as clasificacións das probas de campo a través celebradas o pasado venres. Clasifican para a seguinte proba os oito primeiros clasificados individuais e os dous equipos. Do noso colexio estamos a falar dos equipos benxamín feminino e masculino e alevín masculino no referente ós equipos; e individualmente clasifica Xela Rio Salgado en categoría alevín feminino.
Resultados comarcal campo a través
Ver máis...
Benvidos ao blogue da área de Educación Física do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí vos informaremos de actividades que facemos co noso alumnado, propostas para facer exercicio e recomendacións para levar un vida saudable.
martes, 9 de diciembre de 2014
viernes, 5 de diciembre de 2014
Os nenos do cole van a campo a través
Hoxe tivo lugar a proba de campo a través correspondente á fase comarcal no estadio San Paio de Refoxos de Cee. Nunha proba na que participaron arredor de 70 alumnos do colexio (entre os que ían co cole e os que ían co clube de atletismo Olimpia) que puideron disfrutar desta xornada deportiva con nenos e nenas doutros coles e institutos da comarca con preto de 600 participantes en total. Entre os centros participantes están os tradicionais Manuela Rial Mouzo de Cee, o clube de Atletismo Olimpia de Cee, o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, o CEIP San Vicenzo de Vimianzo, o IES Agra de Raíces de Cee, o IES Terra de Soneira de Vimianzo e o IES Pedra da Aguia de Camariñas entre outros, sumouse este ano a incorporación do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión.
Aproveitando unha xornada de bo tempo tódolos escolares disfrutaron destas probas e tiveron a oportunidade de demostrar as súas dotes atléticas e disfrutar co resto de compañeiros.
Do centro houbo atletas de categorías benxamín, alevín e infantil tanto masculino coma feminino. Todos e todas fixérono xenial e puxeron todo da súa parte o cal é de agradecer, así coma o comportamento antes, durante e despois das carreiras. Houbo un par de alumnos que se atoparon un pouco mal polo esforzo realizado, e todos acabaron tremendamente cansos, pero unha vez pasado o esforzo e o pequeno susto pasados, pasárono moi ben. Ademais moitos dos nenos e nenas gañaron medalla e mesmo algúns, as probas da súa categoría (en benxamín e alevín). Nos vindeiros días disporemos das clasificacións.
Noraboa a tódolos participantes.
Campo a través en Cee
No seguinte enlace aparece recollido no xornal "La voz de Galicia" un artigo coa proba de campo a través.
Carballo deportes Ver máis...
Carballo deportes Ver máis...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)