Hoxe sábado 11 de febreiro disputouse na Pobra do Caramiñal a fase provincial de campo a través. O circuíto estaba situado nun parque a carón da praia de Cabío. Nesta carreira participaron todos os nenos e nenas clasificados nas fases intercomarcais das distintas categorías, dende benxamín ata cadete.
Da Costa da Morte, os únicos representantes eran o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, cun neno de categoría alevín masculino; o Colexio Manuela Rial Mouzo, con sete participantes de categorías, benxamín masculino e feminino, alevín masculino e cadete masculino; e do noso colexio, o CEIP Eugenio López, con Xan Insua Miñones (4º B), en categoría alevín masculino e Xabier Insua Miñones (6º A) en categoría infantil masculino.

O primeiro en participar foi Xan, realizando un percorrido de 1.600 metros. Rematou a proba en vixésimo novena posición, un bo resultado tendo en conta o nivel da proba, con participantes de numerosos clubes de atletismo, e que ademais este neno é alevín de primeiro ano.
Posteriormente Xabier realizou un percorrido de 2.000 metros rematando en décimocuarta posición. Dende a saída asentouse nesta posición e realizou dúas voltas sobre un percorrido circular manténdose neste bo posto durante practicamente a totalidade da carreira.
Noraboa ós dous participantes polo ben que o fixeron tanto nesta coma nas anteriores probas podendo disputar esta fase na que están presentes soamente os nenos e nenas máis rápidos de toda a provincia.